Na máquina do tempo
Xaneiro-abril 2023
Este trimestre as nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria do CEIP Nº1 de Tui no Ámbito do Club de letras fixemos un proxecto titulado “Na máquina do tempo”. No cole os martes e os xoves traballamos por ámbitos: son momentos nos que nos xuntamos con outros cursos para facer proxectos moi interesantes. Os nosos ámbitos son: Steam, Natural e Social, Creavisual e o Club de Letras no que está este proxecto no que viaxamos no tempo coa profe Antía. Co proxecto “Na máquina do tempo” queriamos coñecer o pasado para entender o presente.
"Queriamos coñecer o pasado, para entender o presente"
Para iso o primeiro que fixemos foi aprender a facer entrevistas, practicamos con varias actividades. Despois eliximos os temas que queriamos investigar: xoguetes, lecer, oficios, alimentación… e preparamos a entrevista. Cada grupo realizou unha entrevista a tres persoas de diferentes idades. Ao acabar comparamos e contrastamos a información para aprender de todo o que nos contaban. Con esta información creamos unha noticia para o xornal e un Podcast na nosa radio. Este proxecto serviunos para aprender sobre os cambios dos últimos anos, coñecer a persoas moi interesantes e coñecer a historia da man dos seus protagonistas. Démonos conta de como cambian as cousas entre xeracións e para valorar o que temos. Foi unha boa experiencia diferente do que fixeramos ata o de agora.
Nenas e nenos de 5º e 6º no club de letras