jueves, 25 de junio de 2026

Xordania no 1º ciclo

 



Ao longo deste curso desenvolveuse un proxecto anual dentro do clube de letras centrado na cultura de Xordania, co obxectivo de achegar ao alumnado a realidades culturais diferentes á súa. A través de actividades sensoriais, artísticas, lingüísticas e cooperativas, os nenos e nenas exploraron lugares emblemáticos, vestimentas tradicionais, gastronomía típica e mesmo unha primeira aproximación á escritura árabe. O proxecto buscou fomentar a curiosidade, o respecto pola diversidade e a comprensión de que o mundo é amplo e plural.

Viaxando arredor do mundo


Este curso 2025/2026, no ámbito Club de letras, desenvolvemos unha proposta centrada no coñecemento e valoración da diversidade cultural, achegando ao alumnado a diferentes formas de vivir, sentir e entender o mundo desde unha perspectiva aberta, respectuosa e enriquecedora.

Ao longo do curso, realizamos unha viaxe por distintos países e culturas, descubrindo elementos característicos de lugares como Marrocos, Xapón, México ou Italia. A través desta exploración, o alumnado puido coñecer aspectos relacionados coa alimentación, a vestimenta, as tradicións, as celebracións e os costumes propios de cada cultura, identificando semellanzas e diferenzas coa súa realidade máis próxima.

Tamén nos achegamos a algúns dos monumentos máis representativos do mundo, explorando a súa historia, localización e importancia cultural. Esta aproximación permitiu ampliar a visión do alumnado sobre a riqueza e diversidade do patrimonio mundial, espertando a súa curiosidade por outros lugares e formas de vida.

Como parte deste percorrido, coñecemos a obra do fotógrafo Gabrielle Galimberti, cuxos proxectos nos serviron para reflexionar sobre a diversidade das familias, os costumes e as formas de vida arredor do planeta. As súas imaxes convertéronse nun valioso recurso para promover o diálogo, a observación e o respecto cara ás distintas realidades culturais.

As actividades desenvolvéronse de maneira activa e participativa mediante propostas de investigación, observación de imaxes, xogos, expresión artística, conversas en grupo e experiencias de descubrimento adaptadas á idade do alumnado. A través destas dinámicas, as nenas e os nenos foron construíndo unha visión máis ampla do mundo, aprendendo a valorar a diversidade como unha riqueza que nos une e nos fai crecer.

O achegamento a diferentes culturas, monumentos e formas de vida permitiu que o alumnado ampliase os seus coñecementos sobre o mundo que o rodea, desenvolvendo actitudes de respecto, curiosidade e interese cara á diversidade cultural, entendendo que cada persoa e cada cultura teñen algo valioso que achegar.

Deixámosvos un recompilatorio do noso traballo a modo de vídeo:


domingo, 21 de junio de 2026

RACHANDO FRONTEIRAS - 2º CICLO 25/26 - 1º TRIMESTRE

 🌍 RACHANDO FRONTEIRAS 🎙️

Ao longo deste primeiro trimestre, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria embarcouse nunha apaixonante viaxe arredor do mundo a través do proxecto "Rachando fronteiras: A Diversidade Cultural".

🎯 O obxectivo principal desta tarefa foi coñecer, comprender e valorar a diversidade cultural presente tanto na nosa escola como na sociedade, descubrindo que as diferenzas nos enriquecen e fan da nosa comunidade un lugar máis inclusivo e respectuoso.





🗺️ Durante estas semanas, reflexionamos sobre que é a cultura e identificamos algúns dos seus elementos máis importantes: as linguas, as tradicións, a gastronomía, a música, as celebracións ou as formas de vida. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer diferentes culturas presentes na nosa contorna e de analizar como a diversidade forma parte do noso día a día.

🎧 Tamén visitamos a nosa Radio Athenea, onde o alumnado puido familiarizarse cos distintos espazos, co funcionamento da mesa de son e cos aspectos básicos da gravación radiofónica, preparándose para converterse en auténticos comunicadores.

🤝 Un dos momentos máis especiais do proxecto foi a visita da Asociación Diversidade Acolle, que nos permitiu escoitar en primeira persoa as experiencias vitais de varios mozos refuxiados procedentes de países como Mali ou Senegal.

💬 A través dos seus relatos coñecemos as súas viaxes, os seus soños, os retos aos que tiveron que facer fronte e os diferentes choques culturais vividos ao chegar a Galicia.

❤️ Estas experiencias axudáronnos a desenvolver a empatía, a escoita activa e o respecto cara ás distintas realidades que conviven na nosa sociedade.

🎙️ Como produto final, cada equipo elaborou e gravou un programa de radio no que compartiu as aprendizaxes adquiridas ao longo do proxecto.

📹 A continuación, deixámosvos os vídeos recompilatorios do traballo realizado polos catro grupos.Agardamos que vos gusten tanto como a nós nos gustou vivir esta experiencia!









RACHANDO FRONTEIRAS - 2º CICLO 25/26 - 2 TRIMESTRE

🎙️ RACHANDO FRONTEIRAS 🌍

Durante este segundo trimestre, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria continuou coa súa viaxe arredor do mundo a través do proxecto "Rachando Fronteiras"




🌍 Despois de descubrir no primeiro trimestre que é a cultura e coñecer as experiencias de persoas refuxiadas, nesta ocasión centrámonos nas culturas presentes na nosa propia comunidade educativa.

📚 Para comezar, afondamos no coñecemento da cultura xitana, investigando a súa historia, as súas tradicións e costumes, reflexionando sobre a importancia de valorar e respectar a diversidade cultural presente na sociedade.

🤔 A continuación, convertémonos en auténticos xornalistas. Empregando estruturas de aprendizaxe cooperativa, elaboramos de maneira conxunta as preguntas que posteriormente realizaríamos ás familias participantes.

🎤 O momento máis especial chegou coa visita á Radio Athenea, onde tivemos a oportunidade de entrevistar en directo a diferentes familias do centro pertencentes a culturas diversas.

💬 A través destas conversas puidemos coñecer aspectos relacionados coa súa infancia, a lingua, as tradicións, a gastronomía, as celebracións, os costumes ou as experiencias vividas ao chegar a Galicia.

❤️ Estas entrevistas permitíronnos descubrir que, a pesar das diferenzas culturais, compartimos moitos sentimentos, soños e ilusións, favorecendo o respecto, a empatía e a convivencia.

💻 Ademais, transcribimos as entrevistas empregando ferramentas dixitais, desenvolvendo así a nosa competencia lingüística e dixital.

🎙️ Como produto final, gravamos un novo programa de radio no que recollimos todas estas aprendizaxes e experiencias.

📹 A continuación, deixámosvos unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado ao longo deste trimestre.

Agardamos que vos guste tanto como a nós nos gustou aprender das historias, experiencias e vivencias compartidas polas nosas familias.












miércoles, 25 de junio de 2025

Donas de si: 3º e 4º

A tarefa realizada no primeiro trimestre consistiu en analizar a vida de diferentes mulleres galegas relacionadas coa arte, resumir a información principal, gravala na radio para facer o podcast e publicalo e publicitalo. As mulleres traballadas foron: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Sofía Casanova, María Casares, Pura Vázquez, Filomena Dato, Exeria, Xela Arias, Sés, Luz Pozo Garza, Lolita Díaz Baliño e Tanxugueiras.

 

O segundo trimestre fixemos un traballo similar, pero sobre mulleres galegas relacionadas con diversos campos na sociedade. As mulleres traballadas foron: Ángela Ruíz Robles, Concepción Arenal, Ángeles Alvariño, Elisa Patiño, María Vinyals, Ana Peleteiro, Manuela Barreiro Pico, Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Mª Josefa Wonenburger, Isabel Barreto, Ernestina Otero, Begoña Vila Costas e Susana Rodríguez Gacio.

 

Enlaces:

https://spotifyanchor-web.app.link/e/K69dCIPS5Nb

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo3-e2qvc08

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo2-e2rk2m5

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo1-e2s7ter

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-do-tempo_grupo4-e2uqfud

https://open.spotify.com/episode/6DmFaMRZ1OZMV8hE66EmHf

https://open.spotify.com/episode/2oNH0ruw7MxcZPHTJ0EOAy?si=olf6HktlSDq3ZzKMoNV25g

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-do-tempo_grupo1-e32i6l2

DONAS DE SÍ: "COÑECENDO HISTORIAS DE VIDA"




Durante este curso escolar 24-25 levamos a cabo dúas tarefas enmarcadas dentro do Plan Proxecta “Donas de Sí “que levan por título: 

“Coñecendo historias de vida” 
“Contos biográficos: creando con sombras” 

A tarefa “Coñecendo historias de vida”, levouse a cabo durante o primeiro trimestre (outubro-decembro), e o obxectivo da mesma foi familiarizarse con diferentes termos e conceptos relacionados ca igualdade de xénero. Para isto, traballamos con tres textos diferentes: 
- Igualdade de xénero onde coñecemos datos importantes que mostran que a día de hoxe existe desigualdade de xénero. 
- Feminismo, onde coñecemos as distintas ondas do feminismo e algunhas das mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero como Olympe de Gouge, Mary Wollstonecraft, Clara Campoamor, Simone de Beauvoir, entre outras.
 - Barreiras ante a igualdade de xénero onde profundizamos en termos como roles de xénero, e coñecemos diferentes atrancamentos que dificultan a igualdade de xénero como violencia vicaria, dependencia económica, teito de cristal...e outras moitas barreiras que dificultan alcanzar a igualdade de xénero. 
Partindo de este último texto, propuxémonos acercarnos ao noso entorno máis próximo e coñecer as barreiras que tiveron as nosas avoas e bisavoas para poder desenvolverse a nivel persoal e profesional. Para iso, elaboramos unhas preguntas e visitamos a residencia de persoas maiores San Telmo. Alí entrevistamos a 14 mulleres que nos deron datos moi concretos das desigualdades que viviron na súa vida en diferentes eidos. Por último, analizamos toda esa información recabada nas entrevistas e gravamos un podcast cos datos máis relevates da súa vida e con algunha reflexión moi interesante.

 A tarefa “ Contos biográficos. Creando con sombras” levouse a cabo durante o segundo trimestre. O obxectivo desta tarefa foi coñecer a historia de vida de diferentes mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero. Despois de coñecer algúns datos relevantes da súa vida, propuxémonos facer contos biográficos das seguintes mulleres:

 -Maruja Mallo
 - María Josefa Wonenburger
 - Isabel Zendal 
- Concepción Arenal. 

 Despois de ter investigado sobre a súa vida, pasamos á parte creativa. Debuxamos as distintas escenas dos contos e elaboramos unhas secuencias en debuxos, creando así películas sobre a biografía destas mulleres, que as proxectamos durante o terceiro trimestre e no Congreso Educ ODS.

"DONAS DE SI" NOS ANANOS DE INFANTIL - 2024-2025

Este ano o ámbito "Club de Letras" englobouse dentro do Plan Proxecta "Donas de si", onde os obxectivos principais que traballamos foron visibilizar e posta en valor a participación das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega e coñecer e divulgar a labor das mulleres do contorno do alumnado. 

No primeiro trimestre realizamos unha tarefa sobre “A Radio”, onde realizamos diferentes actividades e propostas como visitar a radio do noso colexio e a Radio Municipal de Tui, convertéronse en periodistas, coñeceron os aparellos de radios, qué podemos escoitar na radio, entre outras moitas cousas. 

Para rematar a primera tarefa elaboraremos un programa de radio onde recolleremos información relevante sobre a radio, a Radio Municipal de Tui e sobre Beti Rey (locutora da RMT).

“A radio da man de Beti Rey” - Ámbito Club de letras

No segundo trimestre realizamos unha segunda tarefa titulada “As profesións”, nesta tarefa ademais de coñecer as profesións en xeral mergullámonos en catro profesións de mamás do noso cole.

Nesta tarefa coñecimos as profesións a través de xogos e estacións de aprendizaxe con minimundos, xogos de mesa, adiviñas, Beebot, xogo simbólico con elementos de diferentes profesións,...

Como produto final tamén elaboraremos un programa de Radio onde recolleremos información relevante sobre as profesións, as nosas profesións do futuro e as profesións de 4 das mamás do noso colexio.

Segundo programa de Radio Club de Letras - Ananos infantil 24/25

O terceiro trimestre o adicamos a prepación do V Congreso EDUCODS, onde realizamos xogos e estacións relacionadas coas tarefas do primeiro e do segundo trimestre, nel gozamos dunha xornada de xogo e convivencia.