viernes, 4 de diciembre de 2020

ON AIR- PROGRAMAS CREADOS NA FORMACIÓN "PONTE NAS ONDAS"

 Ola de novo!

Hoxe deixámosvos os programas que fixeron o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria na formación realizada cos expertos Damián e Xerardo de "Ponte Nas Ondas".

Pasámolo xenial e aprendémos moitísimo! Esperamos que desfrutedes escoitándoos tanto coma nós facéndoos!

Tamén deixamos un vídeo dalgunhas das doblaxes que fixo Damián, que nos ensinou a impostar a voz para diversos contextos!

Vémonos!



jueves, 26 de noviembre de 2020

On Air 4

 Aquí vos deixamos o 4º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


Noticias d@s nen@s de 5º- 2º Parte

 Ola de novo!

Para rematar o Club de Letras, o alumnado de 5º de Primaria fixemos unhas noticias para explicarvos que cousas tan interesantes fixemos no ámbito creavisual!

Agardamos que vos gusten!


martes, 17 de noviembre de 2020

NOTICIAS DOS NEN@S DE 5º

 Ola de novo!

A semana pasada, para rematar o Club de Letras, o alumnado de 5º de Primaria fixemos unhas noticias para explicarvos que cousas tan interesantes fixemos no ámbito social-natural!

Agardamos que vos gusten!


viernes, 13 de noviembre de 2020

SOMOS REPORTEIROS ESPACIAIS. TAREFA 1- PRIMEIRO E SEGUNDO PRIMARIA

Durante este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS realizamos investigacións sobre o espacio e os planetas para compartir con toda comunidade os nosos descubrementos a través da radio da escola: A VOZ DE ATHENEA.

Radio escolar

 

Queres saber que tiñamos que facer neste ámbito? 

Mira o vídeo de presentación da tarefa!


Comezamos preguntándonos!

"Se foras facer unha viaxe a Lúa, que levarías contigo?"

As nosas respostas serviron para coñecernos, descubrir as nosas prioridades, os nosos gustos e tamén aprender a escoitar e valorar as opinións dos outros.

Comenzamos co visionado duns vídeos para activar os nosos coñecementos previos.

Logo investigamos con libros e enciclopedias o "tema espacial" que nos tocara no noso equipo. Durante todas estas semanas os diferentes equipos de nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria investigaron sobre: MERCURIO-VENUS-TERRA-MARTE-JUPITER-URANO-MERCURIO-SOL-LÚA-ESTRELAS-METEORITOS. 


Os nosos descubrementos quedaban reflectidos nunha folla de rexistro. Para cubrila cooperativamente usábamos a estructura "Lápis ao centro"

Rematamos todas as sesións cunha tarefa motriz na que simulamos ser planetas no espacio. Podes volver a practicalo usando esta música e un aro que podes facer cun anaco de corda ou usando un papel de periódico como planeta.


O seguinte día comezamos preguntándonos...

Se puideras coñecer algún lugar da Terra, onde che gustaría viaxar?

Tamén investigamos usando tablets para ampliar a información aprendida e cotexar algúns datos. Recollimos nunha folla de rexistro novos descubrementos e organizábamos toda a informacións nun BUBBLE MAP (mapa mental) que nos axudaba a recoñecer todo o que sabíamos sobre o noso tema de investigación.




O terceiro día de traballo era o mais importante. Era o día da grabación do programa de radio. Toda a información tiña que estar clara para poder expoñela na entrevista!!


Comezamos o día preguntándonos:

Se me atopara cun extraterrestre que cousa interesante lle ensinaría do noso mundo?

Comezábamos a recapitulación da información aprendida cunha exposición oral aos outros equipos na que explicábamos todo o que aprendimos. Usamos a estructura "Parada de 3 minutos"  para que os equipos aprenderan a reflexionar sobre qué dúbidas ou preguntas lle podían facer aos equipos de expertos para mellorar a comprensión da información.



Logo repasábamos todos os contidos no XOGO DAS 15 PREGUNTAS na que os tres equipos tiñan que respostar o mais rápido posible a preguntas sobre os temas elexidos. Con este xogo poñíamos en practica a estructura "Lapis ao centro". Para poder responder tiñan que ser os primeiros en tocar nos pulsadores, esperar ata que a pregunta se formulara completamente, organizarse para que todos os membros do equipo respostaran e por último, acertar coa resposta. Foi un xogo tan divertido como estimulante para aprender. 

 

Agora xa estabamos preparados para a grabación de radio. Comezamos lendo o guión da entrevista para coñecer o momento no que tiñamos que participar así como para lembrar que podímaos aportar cada quen. Todos os equipos o fixeron realmente ben!! É fantástico comprobar todo o que aprenderon e así  contáronolo eles directamente (sen lecturas nin aprendizaxes memorísticos) nos programas de radio que podedes volver a escoitar aquí

 

O último día de investigación era o momento de facer unha creación artística que representara o aprendido. Xuntos tivemos que crear un planetario ou facer un mural no que se representaba o movemento de traslación da Terra e as estacións do ano. Neste mural tamén organizábamos os cumpleaños de todos os nenos. Foi unha gran tarefa de planificación, organización de traballo e execición en equipo.




Parabén nenos e nenas! 

Todos sodes uns grandes REPORTEIROS ESPACIAIS!

Resumo en imaxes da tarefa de primeiro de primaria

Resumo en imaxes da tarefa de segundo de primaria

jueves, 12 de noviembre de 2020

ON AIR 3

 Aquí tedes o 3º Programa de A Voz de Atenea deste curso!

Esperamos que vos guste!

Vémonos!


viernes, 30 de octubre de 2020

ON AIR 2

 Deixámosvos o 2º programa da tempada da radio A Voz Atenea! Pinchade e... desfrutade!


martes, 27 de octubre de 2020

OS DISPERSOS NOTICIA S.T.E.A.M.

Ola, somos o grupo dos Dispersos, deixámosvos aquí a noticia do noso traballo de S.T.E.A.M.

Esperamos que vos guste!



Noticia do grupo Lumarsini 22

Ola somos Lumarsini 22 e aquí vos deixamos a nosa noticia sobre "DESPEGUE EN TUI" (Steam)




NOTICIA DE PAN 3 PRIMEIRO RETO STEAM


        Ola, bos días! Esperamos que vos guste a nosa noticia do primeiro reto STEAM.

        Ca disfrutedes!😘 

                       



jueves, 15 de octubre de 2020

ON AIR

 Xa está aquí o noso primeiro programa de radio deste curso...Preme na imaxe para poder desfrutalo.Comezamos!!!


 

A voz de Atenea programa 1 curso 20/21

Primeira tarefa Creavisual

 No Ámbito Creavisual están facendo  storytellings coa axuda web storyboardThat.

Candela, Iago e Uxía.
 

Primeira tarefa Ámbito Social Natural

 

Os rapaces do Ámbito Natural Social estiveron a traballar na tarefa: "Despegamos... Aínda que cos pés na terra"

Investigaron sobre as pragas e enfermidades que atacan a horta. Finalmente, elaborarán unha guía da horta ecolóxica co resto dos cursos do mesmo Ámbito.

Están moi contentos co traballo que fixeron.

Iria, Martín, Rubén e Victoria.
 

Primeira tarefa Ámbito STEAM

 

No Ámbito STEAM están facendo un foguete e empregaron TinkerCad para deseñar as ás en 3D.

 


 Antonio, Carlota, Miguel e Xián M.

Primeira tarefa Ámbito Club de Letras

 Presentamos aos reporteiros e reporteiras que participaron estas semanas no Club de Letras.

María, Sabela e Xián P.


viernes, 19 de junio de 2020

O noso blog.

Ola a todos!!!! non olvidedes que no blog, na barra lateral hai unha barriña que cando nos poñemos enriba saen diferentes opcións!!! Entre elas, o enlace a Radioteca e Ivoox para poder escoitar os noso audios, e tamén as etiquetas de cada entrada, por se queremos ver soamente as dun curso determinado, unha sección do ámbito...(soamente para o ordenador).




jueves, 2 de abril de 2020

Conmemoriacións: 8 de marzo, Día da muller.


Na terceira tarefa do Ámbito do Club de Letras os nenos e nenas de infantil estivemos na sección: "Agora que o penso", e as nosas investigacións xiraron sobre as conmemoracións deste mes. Nesta cuarta semana foi o Día da Muller. Traballamos a partir do conto:

Conmemoracións: Día de Rosalía de Castro.



Na terceira tarefa do Ámbito do Club de Letras os nenos e nenas de infantil estivemos na sección: "Agora que o penso", e as nosas investigacións xiraron sobre as conmemoracións deste mes. Nesta terceira semana foi o Día de Rosalía de Castro. Investigamos sobre ela, vimos o vídeo, fixemos o mapa mental,...

Conmemoracións: O Entroido a as súas comidas e postres.

Na terceira tarefa do Ámbito do Club de Letras os nenos e nenas de infantil estivemos na sección: "Agora que o penso", e as nosas investigacións xiraron sobre as conmemoracións deste mes. Nesta segunda semana foi o ENTROIDO en Galicia e as comidas e postres
Coñecemos información a partir do seguinte vídeo:



.

Conmemoracións: as traxes do Entroido en Galicia.

Na terceira tarefa do Ámbito do Club de Letras os nenos e nenas de infantil estivemos na sección: "Agora que o penso", e as nosas investigacións xiraron sobre as conmemoracións deste mes. Nesta primeira semana foi o ENTROIDO en Galicia e as diferentes traxes e tradicións.
Coñecemos información a partir do seguinte vídeo:



Aquí tedes a gravación dos peques!

Quen canta esa canción? Coñecemos a Mamá Cabra.

Nesta segunda tareda do ámbito Club de Letras, os nenos e nenas de infantil estaban na sección "Quen canta esa canción?" e investigaron  sobre Mamá Cabra.


Quen canta esa canción? Coñecemos a Uxia Lambona e a Banda Molona.

Nesta segunda tareda do ámbito Club de Letras, os nenos e nenas de infantil estaban na sección "Quen canta esa canción?" e investigaron  sobre Uxia Lambona e a Banda Molona. Ademais, coincidiu co lanzamento do novo CD Astronauta Sideral.


Quen canta esa canción? Coñecemos a María Fumaça.

Nesta segunda tareda do ámbito Club de Letras, os nenos e nenas de infantil estaban na sección "Quen canta esa canción?" e investigaron  sobre María Fumaça. Ademais, coincidiu coa venda do novo CD "O veleiro verde" que o escoitamos por primeira vez.


Quen canta esa canción? Os nenos e nenas de Educación Infantil coñecen a Paco Nogueiras.

Nesta segunda tareda do ámbito Clud de Letras, os nenos e nenas de infantil estamos na sección "Quen canta esa canción?" e investigaron  sobre Paco Nogueiras.

miércoles, 1 de abril de 2020

AUDIOCONTO: PEQUEÑO AZUL, PEQUEÑO AMARILLO, DA EDITORIAL KALANDRAKA.

Este audioconto foi gravado polos nenos e nenas de Educación Infantil na cuarta semana da primeira tarefa do Club de Letras (Macedonia de contos).

  
Pero nesta semana tivemos unha novidade e é que gravamos o conto na mesa de luz. Aquí tedes o vídeo!


Desfrutade do conto e lembrade que na biblioteca do cole podedes atopalo co código QR co audio e video gravado!


Audioconto: Cuando el hielo se derrite, da editorial Zahorí Books.

Este audioconto foi gravado polos nenos e nenas de Educación Infantil na terceira semana da primeira tarefa do Club de Letras (MACEDONIA DE CONTOS).

Desfrutade do conto e lembrade que na biblioteca do cole podedes atopar o conto co código QR co audio gravado!


 

Audioconto: Non fai falta a voz, da editorial Oqo.


Aquí tedes o audioconto: Non fai falta a voz, da editorial Oqo, gravado polos nenos e nenas de infantil na segunda semana da primeira tarefa (Macedonia de contos).
Desfrutade do conto e lembrade que na biblioteca do cole podedes atopar o conto co código QR co audio gravado!

Audioconto: Wonder. Todos somos únicos.


Aquí tedes o audioconto Wonder, gravado na Tarefa 1, semana 1 polo alumnado de Educación Infantil.
Desfrutade do conto e lembrade que na biblioteca do cole podedes atopar o conto co código QR co audio gravado!

martes, 10 de marzo de 2020

CLUB DE LETRAS. AGORA QUE O PENSO 3º E 4º

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º queremos compartir un crucigrama que fixemos no club de letras. Esperemos que o disfrutedes. 

CLUB DE LETRAS. HOXE ESCOITAMOS 3º E 4º

En la tarea que hemos realizado en el ámbito lingüístico en este trimestre hemos creado unas listas de reproducción en YouTube que voy a compartir a continuación.
 

miércoles, 4 de marzo de 2020

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO

Para rematar esta tarefa e co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 5º e 6º de primaria do Club de Letras, traballou co libro "Cuando las niñas vuelan alto", no que se fai especial fincapé nas trabas, que as veces atopan no seu camiño as nenas, e que non lle deixan despregar as súas ás.
Ao igual que as semanas anteriores, cada equipo realizou un "book trailer" sobre esta historia e gravou o audioconto para que todos o poidan escoitar e gozar na nosa biblioteca. 
Aquí vos deixamos o seu traballo para que poidades ver que ben o fixeron.






sábado, 22 de febrero de 2020

EL VIAJE

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria, no Cub de Letras, traballaron co libro "El viaje" de Francesca Sanna, unha conmovedora historia sobre o drama da emigración. 
Ao igual que os seus compañeiros e compañeiras das anteriores semanas elaboraron uns "Book Trailers" e converteron a historia nun audioconto para facer o libro máis accesible a todo o alumnado da escola.
Aquí vos deixamos o seu traballo.







jueves, 13 de febrero de 2020

LAS ELECCIONES DE LOS ANIMALES

Esta semana o alumnado do Club de Letras de 5º e 6º de primaria, traballaron co libro "Las elecciones de los animales". Primeiro descubriron a divertida historia destes animais da selva, despois crearon os "Book Trailer" para a promoción do libro e realizaron tamén unhas sinopses bibliográficas.
Para finalizar a tarefa converteron esta historia nun fantástico audioconto. 
Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo.







jueves, 6 de febrero de 2020

EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria traballaron o conto "El lápiz mágico de Malala".
Descubriron a historia desta muller que ten a honra de ser a persona máis xoven a que se lle concedeu  o Premio Nobel da Paz.
Investigaron e redactaron a súa biografía, realizaron un BOOKTRAILER do libro e grabaron un fantástico audioconto.

Aquí vos deixamos todo o seu traballo.