Durante este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS realizamos investigacións sobre o espacio e os planetas para compartir con toda comunidade os nosos descubrementos a través da radio da escola: A VOZ DE ATHENEA.
| Radio escolar |
Queres saber que tiñamos que facer neste ámbito?
Mira o vídeo de presentación da tarefa!
Comezamos preguntándonos!
"Se foras facer unha viaxe a Lúa, que levarías contigo?"
As nosas respostas serviron para coñecernos, descubrir as nosas prioridades, os nosos gustos e tamén aprender a escoitar e valorar as opinións dos outros.
Comenzamos co visionado duns vídeos para activar os nosos coñecementos previos.
Logo investigamos con libros e enciclopedias o "tema espacial" que nos tocara no noso equipo. Durante todas estas semanas os diferentes equipos de nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria investigaron sobre: MERCURIO-VENUS-TERRA-MARTE-JUPITER-URANO-MERCURIO-SOL-LÚA-ESTRELAS-METEORITOS.
Os nosos descubrementos quedaban reflectidos nunha folla de rexistro. Para cubrila cooperativamente usábamos a estructura "Lápis ao centro"
Rematamos todas as sesións cunha tarefa motriz na que simulamos ser planetas no espacio. Podes volver a practicalo usando esta música e un aro que podes facer cun anaco de corda ou usando un papel de periódico como planeta.
O seguinte día comezamos preguntándonos...
Tamén investigamos usando tablets para ampliar a información aprendida e cotexar algúns datos. Recollimos nunha folla de rexistro novos descubrementos e organizábamos toda a informacións nun BUBBLE MAP (mapa mental) que nos axudaba a recoñecer todo o que sabíamos sobre o noso tema de investigación.
O terceiro día de traballo era o mais importante. Era o día da grabación do programa de radio. Toda a información tiña que estar clara para poder expoñela na entrevista!!
Comezamos o día preguntándonos:
Se me atopara cun extraterrestre que cousa interesante lle ensinaría do noso mundo?
Comezábamos a recapitulación da información aprendida cunha exposición oral aos outros equipos na que explicábamos todo o que aprendimos. Usamos a estructura "Parada de 3 minutos" para que os equipos aprenderan a reflexionar sobre qué dúbidas ou preguntas lle podían facer aos equipos de expertos para mellorar a comprensión da información.
Logo repasábamos todos os contidos no XOGO DAS 15 PREGUNTAS na que os tres equipos tiñan que respostar o mais rápido posible a preguntas sobre os temas elexidos. Con este xogo poñíamos en practica a estructura "Lapis ao centro". Para poder responder tiñan que ser os primeiros en tocar nos pulsadores, esperar ata que a pregunta se formulara completamente, organizarse para que todos os membros do equipo respostaran e por último, acertar coa resposta. Foi un xogo tan divertido como estimulante para aprender.
Agora xa estabamos preparados para a grabación de radio. Comezamos lendo o guión da entrevista para coñecer o momento no que tiñamos que participar así como para lembrar que podímaos aportar cada quen. Todos os equipos o fixeron realmente ben!! É fantástico comprobar todo o que aprenderon e así contáronolo eles directamente (sen lecturas nin aprendizaxes memorísticos) nos programas de radio que podedes volver a escoitar aquí.
O último día de investigación era o momento de facer unha creación artística que representara o aprendido. Xuntos tivemos que crear un planetario ou facer un mural no que se representaba o movemento de traslación da Terra e as estacións do ano. Neste mural tamén organizábamos os cumpleaños de todos os nenos. Foi unha gran tarefa de planificación, organización de traballo e execición en equipo.
Parabén nenos e nenas!
Todos sodes uns grandes REPORTEIROS ESPACIAIS!
Resumo en imaxes da tarefa de primeiro de primaria
Resumo en imaxes da tarefa de segundo de primaria












