jueves, 18 de marzo de 2021

ON AIR 8

  Aquí vos deixamos o 8º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


viernes, 12 de marzo de 2021

APRENDEMOS CON CONTOS en 1º e 2º primaria

Este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS traballamos con contos. Nas aulas de 1º e 2º de primaria creamos audiocontos para o programa de radio A VOZ DE ATENEA. Podes escoitar aquí todos os programas e tamén podes escoitar os contos grabados co codigo QR que atoparás pegados nestes contos na biblioteca. 

 


Con este traballo, non so difundimos historias e traballamos a linguaxe oral e escrita, senón que facemos unha laboura fundamental para a inclusión e integración da lectura para tod@s engadindo os codigos QR nos contos. É moi enriquecedor facer accesible a lectura para tod@s!!

Durante as 4 sesións de traballo tivemos a oportunidade non so de ler, reproducir e reflexionar sobre a lectura senón tamén puidemos facer outras moitas actividades que enriqueceron a comprensión dos contos. 

En primeiro de primaria, traballamos co  conto de SATURNINO. Esta lectura axudounos a reflexionar sobre a importancia de buscar e atopar as cousas que nos fan felices. 
 
O noso benestar comeza pola capacidade de coñecernos e saber expresar que cousas nos motivan e emocionan.
 

 


  Ademais da lectura, fixemos actividades como:

  1. CÍRCULOS: para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
  2. Organizar a lectura do conto en secuencias de imaxes e textos (ESTRUCTURA COOPERATIVA)
  3. Aprendimos un baile con percusión corporal. Usamos esta música
  4. Lectura e grabación do conto no programa de radio
  5. Xogos de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas
  6. Creación dun mural colectivo con música tratando de desenvolver a creatividade coa expresión libre da nosa imaxinación. 
  7. Xogo dos USOS DISPARATADOS: Tratamos de imaxinar usos distintos dos habituais para obxectos da vida cotiá

Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.

 


En segundo traballamos con dous contos, UNO de Ester Merchán e INFINITO,  de Mariona Cabassa. Con estes contos puidemos reflexionar sobre aspectos filosóficos da existencia humana así como afondar nas relacións entre todo o existente no planeta. 

UNO é unha viaxe en perspectiva dende os microrganismos hasta o cosmos. A través das imaxes podemos darnos conta das interrelacións que existen entre todo e como ademais de seres individuais formamos parte dun TODO que ten mais sentido, UNO. 


INFINITO, é unha obra artística preciosa. As súas ilustracións e as frases que acompañan son inspiradoras e permiten unha reflexión profunda sobre os procesos cíclicos e vitais cos que convivimos. 


 

Ademais das lecturas fixemos outras actividades como: 

  1. CÍRCULOS : para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
  2. XOGO DAS PALABRAS. creamos frases con palabras significativas do conto. 
  3. Relacionar textos e imaxes dos contos
  4. Aprendimos un baile con percusion corporal. Usamos esta música
  5. Lectura e grabacion do conto no programa de radio
  6. Xogo de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA: para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas 
  7. Xogo de PATO-COELLO para comprender que algo pode ser mais dunha cousa
  8. Xogo da OLA onde os nosos movementos prolónganse a través dos corpos dos compañeiros nunha enerxía en movemento que nos une a todos
  9. XOGO "E a vida é boa" pensamos en algo que nos sucedera fai pouco e que non fora agradable. O explicamos e despois engadimos ...pero a vida é boa. Dándonos conta de que incluso cando nos suceden cousas desagradables seguimos gozando tamén de moitas cousas boas nas nosas vidas.
  10. Creación de MANDALAS por equipos 
  11. Xogo BOS DESEXOS PARA O MUNDO. Deixamos un buzón na entrada da escola para que calquera persoa puidera deixar mensaxes con bos desexos para o mundo. Logo abrimos o buzón, limos e compartimos todas as mensaxes nun mural colectivo.
  12. XOGO das 15 PREGUNTAS, por equipos tratamos de dar resposta a preguntas sobre as que reflexionamos durante todos os xogos e activiaddes realizadas no ámbito.

 Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.

 

 

O traballo realizado con estes contos, non so nos nutre de novas ideas e coñecementos senón que tamén nos alimenta o alma e nos valida como persoas responsables do coidado dun planeta para todos. 


 

jueves, 4 de marzo de 2021

ON AIR 7

 

 Aquí vos deixamos o 7º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!

 

martes, 2 de marzo de 2021