viernes, 25 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA: ANGELS RIBÉ

Esta semana na sección "Mulleres da nosa historia" descubrimos a Angels Ribé, unha artista catalana galardoada este ano co Premio Nacional e Artes Plásticas. Aprendemos un montón de cousas do seu particular estilo artístico, as súas performance e instalacións artísticas. Aquí podedes ver e escoitar unha pequena parte do noso traballo sobre esta figura do arte español. 







viernes, 18 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA: ELENA GARCÍA ARMADA

Esta semana, os maiores da escola na sección "Mulleres da nosa historia" do noso programa de radio "A voz de Athenea", investigamos sobre a enxeñeira Elena García Armada, creadora do primeiro exoesqueleto infantil. Descubrimos coma a robótica serve tamén para axudar a quen mais o precisa. Ao igual que os nosos compañeiros e compañeiras da semana pasada, escribimos titulares, plasmamos a súa historia nun Visual Thinking e gravamos o noso contido para a radio escolar. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo. 





viernes, 11 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA. GRETA THUNBERG

Para iniciar a nosa andadura no Club de Letras, os mais maiores da escola (5º E 6º de EP) investigamos sobre a vida de Greta Thunberg. Descubrimos unha morea de cousas interesantes desta nena tan implicada no coidado medioambiental. 
Escribimos titulares, redactamos textos e plasmamos os aspectos mais destacados da súa vida facendo un "Visual Thinking", é dicir, a través de debuxos, que despois lles contamos aos nosos compañeiros e compañeiras. 
Para rematar gravamos a súa historia para que despois todo o cole puidese escoitalo no noso primer programa de Radio, "A voz de Athenea".
Aquí vos deixamos algunhas fotiños do noso traballo e o audio gravado.