Nesta tarefa os nen@s
de segundo crearon a sección de recomendacións lectoras do programa de radio
quincenal "A voz de Athenea””, para compartircoa Comunidade Educativa e colaborar coa
revista trimestral que leva por título o lema deste curso “Pensa globalmente,
actúa localmente. Xuntos somos máis fortes” As recomendacións lectoras son sobre
os seguintes libros “ Animales en peligro” e “Rescate Animal” .
Estes son os pasos que seguimos para realizar a tarefa:
Na segunda tarefa de ámbitos en infantil traballamos con libros da biblioteca para coñecer personaxes importantes para o espazo. Comezamos en 5 anos B coñecendo a unha nena que con tan so 19 anos, xa fixo cousas moi importantes para o noso planeta, ela é Greta Thunberg. Coñecemos este libro:
E investigamos sobre ela. Esta tarefa foi feita con algúns nenos e nenas dende a casa, e a mamá dun neno que estaba confinado, fixo aos nenos e nenas unha entrevista onde ía preguntando cousas sobre Greta. Este foi o resultado:
Neste último trimestre traballamos no ámbito do CLUB DE LETRAS unha tarefa moi especial para prepararnos para o I CONGRESO EDUCATIVO na nosa escola
Dende o noso ámbito afondamos en tres ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible)
E para
comprender a importancia de colaborar neste propósito visualizamos
este vídeo que explica cada un dos 17 ODS que os líderes
mundiales plántéxanse conseguir antes do ano 2030
Dende o ámbito CLUB DE LETRAS visibilizamos a figura da MULLER NO ESPACIO investigando a catro mulleres que desenvolveron unha labor especial no espacio ou na nosa terra. As mulleres elexidas foron:
DIANA TRUJILLO: jefa do proxecto Perserverance que enviou unha nave a Marte para recoller datos. Diana foi unha muller que tivo que superar moitas dificultades para poder chegar a ese lugar. Demostrou que con confianza nunha mesma e moito esforzo e perseverancia podes conseguir o que che propoñas.
MAE JEMISON: Foi a primeira muller afroamerica en viaxar ao espacio. Ademais de inxenieira espacial, Mae tamén foi médica e adicou a sua vida a axudar aos outros. Unha muller valente, curiosa e moi intelixente. Viaxou ao espacio para facer estudios e experimentos sobre os efectos da NON gravidade nos corpos humans.
HIPATIA: Curiosa dende pequena coas matemáticas, as ciencias e a filosofía. Encantáballe ler e explicar as súas ideas aos outros. Viviu en Alejandría, antiga cidade de Exipto, e ainda que todos os seus escritos foron queimados nun incendio, os seus alumnos/as seguiron falando durante moitos anos dos seus descubrimentos.
JANE GOODALL: Dende pequena regalaronlle un moneco de chimpancé e quiso saber mais sobre eles. Cando puido viaxou a Tanzania (África) e quedouse alí vivindo cos monos, observando o seu comportamento e facendose amiga deles. É unha das mulleres que mais fixo para o coidado das especies en extinción do noso planeta.
Os nenos e nenas primeiron investigaron sobre estas mulleres vendo vídeos, lendo libros e facendo reflexións sobre os seus descubrementos. Recopilaron a información nun mapa mental e visualizaron imaxes da personaxe.
Despois de investigar, fixemos un programa de radio en formato entrevista onde os nenos e nenas nos contan todo o que aprenderon. Podes escoitar todos os programas de radio de Athenea en esta ligazon.
Sendo conscientes do valioso que é recibir unha educación de calidade, os nosos nenos e nenas, crearon un XOGO EDUCATIVO basado no espacio e mulleres relavantes. Os nenos e nenas de segundo de primaria crearon unha ruleta de palabras relacionadas co espacio. Buscando palabras con todas as letras do alfabeto e escribindo a súa definición. Os nenos e nenas de primeiro debuxaron a mulleres relevantes e crearon un memory e un quen e quen.
Presentaremos todos estes xogos no I CONGRESO EDUCATIVO para gozar e explicar aos convidados como os fixemos.
Para rematar, o ultimo día fixemos carteis publicitarios das mulleres traballadas. Reflexionamos conxuntamente e traballamos en equipo para facer un cartel informativo e visualmente interesante para chamar a atención.
Durante os catro días de ámbitos tamén creamos coreografías en movemento imaxinando que somos elementos do universo. Visualizamos cortometraxes relacionadas co espacio e xuntámonos en círculos que axudaron a seguir formando bases de calidade para o traballo de equipo.
Este curso, os nenos e nenas de infantil crearon os seguintes audiocontos todos en torno á lúa, xa que estiveron investigando sobre ela, facendo experimentos para ver como se moven a lúa e o sol, descubrindo as diferentes fases, e ata creando area lunar!!! Mirade que contos tan chulos!:
O grupo de 3 anos converteu o conto de Lúa da editorial Kalandraka, nunha canción preciosa!
O grupo de 4 anos gravou o gran éxito de "A que sabe a lúa", da editorial Kalandraka.
5 anos descubriu "O rato Paco" da editorial Kalandraka
Na tarefa de ámbitos do terceiro trimestre, todos os ámbitos (STEAM, Creavisual, Club de Letras e Natura e Social) traballaremos os 17 ODS repartidos entre os ámbitos.
No Club de Letras coñeceremos e investigaremos sobre:
ODS 1. Fin da pobreza.
ODS 2. Fame Cero.
ODS 3. Saúde e benestar.
ODS 4. Educación de calidade.
ODS 5. Igualdade de xénero.
ODS 10. Reducción das desigualdades.
En infantil, profundizaremos sobre Fame Cero e Saúde e Benestar e para iso, entre outras actividades, levaremos a cabo unha recollida de alimentos con cada grupo que durará 15 días.
Cada día imos contando os productos que temos, e cando rematemos poñerémonos en contacto con SOS Tomiño para que veñan a recoller a comida.
Nesta tarefa tamén traballaremos cos libros da biblioteca para coñecer mellor sobre o ODS Saúde e Benestar. Coñeceremos a pirámide alimenticia, investigaremos sobre as viaxes que fan os produtos frescos ata chegar ao supermercado, entre outras actividades.
Estes son algúns dos libros cos que traballaremos este ODS.
Este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS traballamos con contos. Nas aulas de 1º e 2º de primaria creamos audiocontos para o programa de radio A VOZ DE ATENEA. Podes escoitar aquí todos os programas e tamén podes escoitar os contos grabados co codigo QR que atoparás pegados nestes contos na biblioteca.
Con este traballo, non so difundimos historias e traballamos a linguaxe oral e escrita, senón que facemos unha laboura fundamental para a inclusión e integración da lectura para tod@s engadindo os codigos QR nos contos. É moi enriquecedor facer accesible a lectura para tod@s!!
Durante as 4 sesións de traballo tivemos a oportunidade non so de ler, reproducir e reflexionar sobre a lectura senón tamén puidemos facer outras moitas actividades que enriqueceron a comprensión dos contos.
En primeiro de primaria, traballamos co conto de SATURNINO. Esta lectura axudounos a reflexionar sobre a importancia de buscar e atopar as cousas que nos fan felices.
O noso benestar comeza pola capacidade de coñecernos e saber expresar que cousas nos motivan e emocionan.
Ademais da lectura, fixemos actividades como:
CÍRCULOS: para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
Organizar a lectura do conto en secuencias de imaxes e textos (ESTRUCTURA COOPERATIVA)
Aprendimos un baile con percusión corporal. Usamos esta música
Lectura e grabación do conto no programa de radio
Xogos de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas
Creación dun mural colectivo con música tratando de desenvolver a creatividade coa expresión libre da nosa imaxinación.
Xogo dos USOS DISPARATADOS: Tratamos de imaxinar usos distintos dos habituais para obxectos da vida cotiá
Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.
En segundo traballamos con dous contos, UNO de Ester Merchán e INFINITO, de Mariona Cabassa. Con estes contos puidemos reflexionar sobre aspectos filosóficos da existencia humana así como afondar nas relacións entre todo o existente no planeta.
UNO é unha viaxe en perspectiva dende os microrganismos hasta o cosmos. A través das imaxes podemos darnos conta das interrelacións que existen entre todo e como ademais de seres individuais formamos parte dun TODO que ten mais sentido, UNO.
INFINITO, é unha obra artística preciosa. As súas ilustracións e as frases que acompañan son inspiradoras e permiten unha reflexión profunda sobre os procesos cíclicos e vitais cos que convivimos.
Ademais das lecturas fixemos outras actividades como:
CÍRCULOS : para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
XOGO DAS PALABRAS. creamos frases con palabras significativas do conto.
Relacionar textos e imaxes dos contos
Aprendimos un baile con percusion corporal. Usamos esta música
Lectura e grabacion do conto no programa de radio
Xogo de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA: para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas
Xogo de PATO-COELLO para comprender que algo pode ser mais dunha cousa
Xogo da OLA onde os nosos movementos prolónganse a través dos corpos dos compañeiros nunha enerxía en movemento que nos une a todos
XOGO "E a vida é boa" pensamos en algo que nos sucedera fai pouco e que non fora agradable. O explicamos e despois engadimos ...pero a vida é boa. Dándonos conta de que incluso cando nos suceden cousas desagradables seguimos gozando tamén de moitas cousas boas nas nosas vidas.
Creación de MANDALAS por equipos
Xogo BOS DESEXOS PARA O MUNDO. Deixamos un buzón na entrada da escola para que calquera persoa puidera deixar mensaxes con bos desexos para o mundo. Logo abrimos o buzón, limos e compartimos todas as mensaxes nun mural colectivo.
XOGO das 15 PREGUNTAS, por equipos tratamos de dar resposta a preguntas sobre as que reflexionamos durante todos os xogos e activiaddes realizadas no ámbito.
Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.
O traballo realizado con estes contos, non so nos nutre de novas ideas e coñecementos senón que tamén nos alimenta o alma e nos valida como persoas responsables do coidado dun planeta para todos.