viernes, 20 de diciembre de 2019

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS XOGUETES

Para rematar esta segunda tarefa, e coincidindo con estas datas navideñas, quedábanos por analizar se os catálogos de xoguetes terán algo que ver cos papeis do home e da muller na sociedade actual. E resulta, que moi ao noso pesar,  descubrimos que aínda hai moito por facer, porque os estereotipos nos xoguetes están demasiado presentes. 
Cremos que tanto os fabricantes de xoguetes, coma os diseñadores de catálogos e por susposto nos como consumidores deberíamos reflexionar un pouco sobre este tema, tal e como fixeron esta semana o alumando de 5º e 6º de primaria do Club de Letras.
Estes foron os catálogos analizados en profundidade.


E aquí podedes escoitar o contido gravado para o programa semanal de radio sobre este tema.

martes, 17 de diciembre de 2019

TAREA 1 ÁMBITO CLUB DE LETRAS EDUCACIÓN INFANTIL: MACEDONIA DE CONTOS

A nosa primeira tarefa en Educación Infantil no ámbito do Club de Letras foi Macedonia de Contos. Os contos traballados foron:
- Wonder.
-Non fai falta a voz.
- Cuando el hielo se derrite.
- Pequeño azul y pequeño amarillo.
Despois de xogar con eles, vivencialos, comprendelos, xogar coas voces... pasamos á gravación!!! Cada semana sacamos a gravación do noso audioconto, creando o código qr que pegamos no conto que está na biblioteca, e que forma parte do programa de radio: A VOZ DE ATHENEA.

Aquí tedes un vídeo!


RETO CLUB DE LETRAS! MACEDONIA DE CONTOS

TAREFAS

Neste enlace podedes ver as tarefas do ámbito de Club de Letras subidas á web do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/767

ORGANIZACIÓN ÁMBTIO CLUB DE LETRAS


Esta é a organización para o Club de Letras. Comezamos repartindo a sección entre a coordinadora de infantil, de 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, e 5º e 6º de primaria: macedonia de contos, quen canta esa canción?, mulleres da nosa vida e, agora que o penso... Na programación da nosa tarefa mantemos a mesma estrutura de traballo as 4 semanas nas que van rotando os 4 grupos de nenos e nenas, pero sempre cambiamos o conto, canción ou muller para que cada semana teñamos un programa de radio diferente. No caso de agora que o penso,,,ás veces non cambiamos xa que as reflexións ou conmemoracións que traballemos poden sacar diferentes ideas cada semana.
O xoves preparamos as nosas gravacións no ámbito, e o venres 4 nen@s de primaria baixan á radio a gravar o programa semanal.
Adiante co...reto club de letras!!!

viernes, 13 de diciembre de 2019

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NA MÚSICA

Seguimos analizando os papeis da muller e do home en diferentes contextos. Esta semana analizamos diferentes cancións. A verdade é que hai algunhas letras que sería mellor non escoitar porque o que din non é nada apropiado, especialmente as de ese xénero musical tan de actualidade como é o reggeaton.
Os temas ao redor dos que traballamos foron: 
- La muda, de Caly y el Dandee.
-Y en ntu ventana, de Andy y Lucas.
- A quien le importa, de Alaska.




Aquí vos deixamos o audio que gravamos para a radio, despois de reflexionar largo e tendido sobre este tema.


lunes, 9 de diciembre de 2019

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS CONTOS

Esta semana os maiores do cole que estiveron no Club de Letras traballaron con diferentes contos que promoven a igualdade de xénero. Cremos que é moi importante a existencia destas historias, xa que aínda queda moito por facer para acadar a total igualdade.
Estas son as tres historias coas que aprendemos esta semana. Aquí vos deixamos tamén o audio gravado para o noso programa de radio semanal no que reflexionamos sobre este tema.




viernes, 8 de noviembre de 2019

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NA PUBLICIDADE

Nesta segunda tarefa, ao longo do mes de novembro e decembro o alumnado de 5º e 6º de primaria reflexionará sobre os estereotipos de xénero. 
Moitas veces non nos damos nin conta de cantos estereotipos nos rodean na nosa vida cotiá e de que maneira nos inflúen.
Nesta primeira semana centramos o noso traballo no análisis de diferentes anuncios da TV.  
Estes son algúns dos anuncios que analizamos. Podedes botarlle un ollo e xulgar vos mesmos.


Equipo 1:

Equipo 2:

Equipo 3:
Nintendo DS imagina a ser mamá. https://www.youtube.com/watch?v=n9zELEjm5OM


Aquí deixamos unha pequena mostra do noso traballo e o contido que gravamos para o programa semanal de radio "A voz de Athenea", o cal poderedes escoitar tamén no blogue da biblioteca, no apartado de Radioteka.


viernes, 1 de noviembre de 2019

MULLERES DA NOSA VIDA: MARUJA MALLO

Para por punto e final a sección de "Mulleres da nosa historia", o nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, investigaron esta semana sobre unha das figuras galegas máis representativas do arte, a gran Maruja Mallo. Muller vangardista, adiantada aos seus tempos, rompeu con todas as normas sociais e os cánones establecidos para as mulleres daquel tempo. Sen dúbida unha muller pioneira que mereceu a pena descubrir. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da tarefa realizada. 






viernes, 25 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA: ANGELS RIBÉ

Esta semana na sección "Mulleres da nosa historia" descubrimos a Angels Ribé, unha artista catalana galardoada este ano co Premio Nacional e Artes Plásticas. Aprendemos un montón de cousas do seu particular estilo artístico, as súas performance e instalacións artísticas. Aquí podedes ver e escoitar unha pequena parte do noso traballo sobre esta figura do arte español. 







viernes, 18 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA: ELENA GARCÍA ARMADA

Esta semana, os maiores da escola na sección "Mulleres da nosa historia" do noso programa de radio "A voz de Athenea", investigamos sobre a enxeñeira Elena García Armada, creadora do primeiro exoesqueleto infantil. Descubrimos coma a robótica serve tamén para axudar a quen mais o precisa. Ao igual que os nosos compañeiros e compañeiras da semana pasada, escribimos titulares, plasmamos a súa historia nun Visual Thinking e gravamos o noso contido para a radio escolar. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo. 





viernes, 11 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA. GRETA THUNBERG

Para iniciar a nosa andadura no Club de Letras, os mais maiores da escola (5º E 6º de EP) investigamos sobre a vida de Greta Thunberg. Descubrimos unha morea de cousas interesantes desta nena tan implicada no coidado medioambiental. 
Escribimos titulares, redactamos textos e plasmamos os aspectos mais destacados da súa vida facendo un "Visual Thinking", é dicir, a través de debuxos, que despois lles contamos aos nosos compañeiros e compañeiras. 
Para rematar gravamos a súa historia para que despois todo o cole puidese escoitalo no noso primer programa de Radio, "A voz de Athenea".
Aquí vos deixamos algunhas fotiños do noso traballo e o audio gravado.