viernes, 11 de octubre de 2019

MULLERES DA NOSA HISTORIA. GRETA THUNBERG

Para iniciar a nosa andadura no Club de Letras, os mais maiores da escola (5º E 6º de EP) investigamos sobre a vida de Greta Thunberg. Descubrimos unha morea de cousas interesantes desta nena tan implicada no coidado medioambiental. 
Escribimos titulares, redactamos textos e plasmamos os aspectos mais destacados da súa vida facendo un "Visual Thinking", é dicir, a través de debuxos, que despois lles contamos aos nosos compañeiros e compañeiras. 
Para rematar gravamos a súa historia para que despois todo o cole puidese escoitalo no noso primer programa de Radio, "A voz de Athenea".
Aquí vos deixamos algunhas fotiños do noso traballo e o audio gravado.