jueves, 26 de noviembre de 2020

On Air 4

 Aquí vos deixamos o 4º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


Noticias d@s nen@s de 5º- 2º Parte

 Ola de novo!

Para rematar o Club de Letras, o alumnado de 5º de Primaria fixemos unhas noticias para explicarvos que cousas tan interesantes fixemos no ámbito creavisual!

Agardamos que vos gusten!


martes, 17 de noviembre de 2020

NOTICIAS DOS NEN@S DE 5º

 Ola de novo!

A semana pasada, para rematar o Club de Letras, o alumnado de 5º de Primaria fixemos unhas noticias para explicarvos que cousas tan interesantes fixemos no ámbito social-natural!

Agardamos que vos gusten!


viernes, 13 de noviembre de 2020

SOMOS REPORTEIROS ESPACIAIS. TAREFA 1- PRIMEIRO E SEGUNDO PRIMARIA

Durante este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS realizamos investigacións sobre o espacio e os planetas para compartir con toda comunidade os nosos descubrementos a través da radio da escola: A VOZ DE ATHENEA.

Radio escolar

 

Queres saber que tiñamos que facer neste ámbito? 

Mira o vídeo de presentación da tarefa!


Comezamos preguntándonos!

"Se foras facer unha viaxe a Lúa, que levarías contigo?"

As nosas respostas serviron para coñecernos, descubrir as nosas prioridades, os nosos gustos e tamén aprender a escoitar e valorar as opinións dos outros.

Comenzamos co visionado duns vídeos para activar os nosos coñecementos previos.

Logo investigamos con libros e enciclopedias o "tema espacial" que nos tocara no noso equipo. Durante todas estas semanas os diferentes equipos de nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria investigaron sobre: MERCURIO-VENUS-TERRA-MARTE-JUPITER-URANO-MERCURIO-SOL-LÚA-ESTRELAS-METEORITOS. 


Os nosos descubrementos quedaban reflectidos nunha folla de rexistro. Para cubrila cooperativamente usábamos a estructura "Lápis ao centro"

Rematamos todas as sesións cunha tarefa motriz na que simulamos ser planetas no espacio. Podes volver a practicalo usando esta música e un aro que podes facer cun anaco de corda ou usando un papel de periódico como planeta.


O seguinte día comezamos preguntándonos...

Se puideras coñecer algún lugar da Terra, onde che gustaría viaxar?

Tamén investigamos usando tablets para ampliar a información aprendida e cotexar algúns datos. Recollimos nunha folla de rexistro novos descubrementos e organizábamos toda a informacións nun BUBBLE MAP (mapa mental) que nos axudaba a recoñecer todo o que sabíamos sobre o noso tema de investigación.




O terceiro día de traballo era o mais importante. Era o día da grabación do programa de radio. Toda a información tiña que estar clara para poder expoñela na entrevista!!


Comezamos o día preguntándonos:

Se me atopara cun extraterrestre que cousa interesante lle ensinaría do noso mundo?

Comezábamos a recapitulación da información aprendida cunha exposición oral aos outros equipos na que explicábamos todo o que aprendimos. Usamos a estructura "Parada de 3 minutos"  para que os equipos aprenderan a reflexionar sobre qué dúbidas ou preguntas lle podían facer aos equipos de expertos para mellorar a comprensión da información.



Logo repasábamos todos os contidos no XOGO DAS 15 PREGUNTAS na que os tres equipos tiñan que respostar o mais rápido posible a preguntas sobre os temas elexidos. Con este xogo poñíamos en practica a estructura "Lapis ao centro". Para poder responder tiñan que ser os primeiros en tocar nos pulsadores, esperar ata que a pregunta se formulara completamente, organizarse para que todos os membros do equipo respostaran e por último, acertar coa resposta. Foi un xogo tan divertido como estimulante para aprender. 

 

Agora xa estabamos preparados para a grabación de radio. Comezamos lendo o guión da entrevista para coñecer o momento no que tiñamos que participar así como para lembrar que podímaos aportar cada quen. Todos os equipos o fixeron realmente ben!! É fantástico comprobar todo o que aprenderon e así  contáronolo eles directamente (sen lecturas nin aprendizaxes memorísticos) nos programas de radio que podedes volver a escoitar aquí

 

O último día de investigación era o momento de facer unha creación artística que representara o aprendido. Xuntos tivemos que crear un planetario ou facer un mural no que se representaba o movemento de traslación da Terra e as estacións do ano. Neste mural tamén organizábamos os cumpleaños de todos os nenos. Foi unha gran tarefa de planificación, organización de traballo e execición en equipo.




Parabén nenos e nenas! 

Todos sodes uns grandes REPORTEIROS ESPACIAIS!

Resumo en imaxes da tarefa de primeiro de primaria

Resumo en imaxes da tarefa de segundo de primaria

jueves, 12 de noviembre de 2020

ON AIR 3

 Aquí tedes o 3º Programa de A Voz de Atenea deste curso!

Esperamos que vos guste!

Vémonos!