lunes, 27 de junio de 2022

Go healthy

 Durante o segundo trimestre continuamos a traballar os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible), neste caso profundizamos sobre o ODS 3 "Saúde e benestar" co obxectivo de dar a coñecer ó noso alumnado os nutrientes que están presentes nos alimentos que consumimos. 

Comezamos por coñecer os nutrientes dos alimentos empregando un recurso como os "recordable pegs" para o que era necesario realizar unha escoita activa. 




Cando os nenos pulsaban nas pinzas, estas contaban as propiedades de cada nutriente e completaban a información. Encantoulles averiguar como facer que as pinzas falaran. 

Posteriormente, traballando en equipo porque "Xuntos somos máis fortes" recabamos información sobre os distintos nutrientes e como se organizaban, aprendendo sobre dous tipos de organización: a pirámide de alimentos e o prato de Harvard. 

Organizamos os alimentos seguindo a pirámide alimentaria

 

Organizamos os alimentos seguindo o Prato de Harvard

         

 Posteriormente aprendimos máis sobre alimentos da man da nosa experta en cociña e encargada de comedor Isa, foi moi interesante.  




Finalmente, decidimos facer unha merenda saudable e puxémonos mans a obra. Cada grupo fixo receitas diferentes, pero todos e todas fixemos batidos que resultaron moi refrescantes. 
     
     
     
     

Todo isto serviunos tamén para achegarnos a libros sobre alimentación, que vos recomendamos moito, como os seguintes: 



Podedes coñecer máis sobre esta tarefa na web do cole, na sección de ámbitos.


lunes, 13 de junio de 2022

INFANTIL: TAREFAS CURSO 2021-2022

Durante este ano académico en infantil estivemos xogando entre libros, experimentos, robótica... Fixemos dúas tarefas que están recollidas aquí:

A primeira, "A roda cromática", na que xogamos con cores e aprendimos sobre elas a través, sobre todo, da experimentación. Se pinchas aquí podes acceder ao documento da tarefa









Na segunda tocounos facer as "Reading recomendations", e escollimos diferentes contos para afondar no eido emocional do alumnado, traballando valores transversaias á escola. Se pinchas aquí podes acceder ao documento da tarefa:



Durante o tempo que se traballaron estas tarefas nas 3 aulas, contribuimos ao desenvolvemento dos ODS:












lunes, 6 de junio de 2022

PROGRAMAS DE RADIO DE A VOZ DE ATHENEA



Durante este curso continuamos co noso programa de radio: A Voz de Athenea que se realiza durante o traballo no ámbito do Club de Letras.

Podedes atopar todos os programas de radio deste curso nos seguinte enlaces a Ivoox:

PROGRAMA 1:

https://go.ivoox.com/rf/77881742

PROGRAMA 2:

https://go.ivoox.com/rf/78524324

PROGRAMA 3:

https://go.ivoox.com/rf/80083647

PROGRAMA 4:

https://go.ivoox.com/rf/80084608

PROGRAMA 5:

https://go.ivoox.com/rf/83351030

PROGRAMA 6:

https://go.ivoox.com/rf/85312837

PROGRAMA 7:

https://go.ivoox.com/rf/87939933



REVISTA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CLUB DE LETRAS


 


Aquí tedes o primeiro exemplar da revista do Club de Letras onde podedes ver todo o que traballamos no ámbito nese trimestre.

Preme no enlace para acceder a ela:


https://issuu.com/marta3891/docs/magazine_primer_trimestre_ddc4930285ca37