Durante o segundo trimestre continuamos a traballar os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible), neste caso profundizamos sobre o ODS 3 "Saúde e benestar" co obxectivo de dar a coñecer ó noso alumnado os nutrientes que están presentes nos alimentos que consumimos.
Comezamos por coñecer os nutrientes dos alimentos empregando un recurso como os "recordable pegs" para o que era necesario realizar unha escoita activa.
Posteriormente, traballando en equipo porque "Xuntos somos máis fortes" recabamos información sobre os distintos nutrientes e como se organizaban, aprendendo sobre dous tipos de organización: a pirámide de alimentos e o prato de Harvard.
Organizamos os alimentos seguindo a pirámide alimentaria
Organizamos os alimentos seguindo o Prato de Harvard
Posteriormente aprendimos máis sobre alimentos da man da nosa experta en cociña e encargada de comedor Isa, foi moi interesante.