miércoles, 21 de diciembre de 2022

TAREFA IGUALDADE NAS RÚAS (3º E 4º DE PRIMARIA)

 


Esta tarefa consiste en investigar sobre mulleres pioneiras galegas para propoñer ao concello rúas e/ou espazos públicos con nomes de muller e elaborar a sección “Que está pasando?” do programa de radio quincenal "A voz de Athenea”, para compartir  coa Comunidade Educativa.

Con esta tarefa levamos ao alumnado a reflexionar sobre a importancia de formar parte de plans de acción reais na nosa localidade,que neste caso  contribuen especialmente, ao desenvolvementos dos ODS 5 e 10.




Investigamos sobre mulleres pioneiras galegas para colaborar co concello na iniciativa de buscar propostas sobre mulleres importantes da historia, economía, movementos socias, ciencia , cultura… para que exista máis presenza de mulleres  nas rúas e espazos públicos de Tui e crear a sección dun programa de radio con outros cursos  favorece  a competencia en comunicación lingüística, dixital, cidadá, persoal,social e de aprender a aprender, así como a competencia emprendedora e a creatividade.

Estes son os pasos que se segueron para o seu desenvolvemento:



video -resumen da tarefa “igualdade nas rúas”