lunes, 9 de diciembre de 2019

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS CONTOS

Esta semana os maiores do cole que estiveron no Club de Letras traballaron con diferentes contos que promoven a igualdade de xénero. Cremos que é moi importante a existencia destas historias, xa que aínda queda moito por facer para acadar a total igualdade.
Estas son as tres historias coas que aprendemos esta semana. Aquí vos deixamos tamén o audio gravado para o noso programa de radio semanal no que reflexionamos sobre este tema.