martes, 17 de diciembre de 2019

ORGANIZACIÓN ÁMBTIO CLUB DE LETRAS


Esta é a organización para o Club de Letras. Comezamos repartindo a sección entre a coordinadora de infantil, de 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, e 5º e 6º de primaria: macedonia de contos, quen canta esa canción?, mulleres da nosa vida e, agora que o penso... Na programación da nosa tarefa mantemos a mesma estrutura de traballo as 4 semanas nas que van rotando os 4 grupos de nenos e nenas, pero sempre cambiamos o conto, canción ou muller para que cada semana teñamos un programa de radio diferente. No caso de agora que o penso,,,ás veces non cambiamos xa que as reflexións ou conmemoracións que traballemos poden sacar diferentes ideas cada semana.
O xoves preparamos as nosas gravacións no ámbito, e o venres 4 nen@s de primaria baixan á radio a gravar o programa semanal.
Adiante co...reto club de letras!!!