viernes, 1 de noviembre de 2019

MULLERES DA NOSA VIDA: MARUJA MALLO

Para por punto e final a sección de "Mulleres da nosa historia", o nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, investigaron esta semana sobre unha das figuras galegas máis representativas do arte, a gran Maruja Mallo. Muller vangardista, adiantada aos seus tempos, rompeu con todas as normas sociais e os cánones establecidos para as mulleres daquel tempo. Sen dúbida unha muller pioneira que mereceu a pena descubrir. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da tarefa realizada.