Este trimestre no ámbito CLUB DE LETRAS traballamos con contos. Nas aulas de 1º e 2º de primaria creamos audiocontos para o programa de radio A VOZ DE ATENEA. Podes escoitar aquí todos os programas e tamén podes escoitar os contos grabados co codigo QR que atoparás pegados nestes contos na biblioteca.
Con este traballo, non so difundimos historias e traballamos a linguaxe oral e escrita, senón que facemos unha laboura fundamental para a inclusión e integración da lectura para tod@s engadindo os codigos QR nos contos. É moi enriquecedor facer accesible a lectura para tod@s!!
Durante as 4 sesións de traballo tivemos a oportunidade non so de ler, reproducir e reflexionar sobre a lectura senón tamén puidemos facer outras moitas actividades que enriqueceron a comprensión dos contos.
Ademais da lectura, fixemos actividades como:
- CÍRCULOS: para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
- Organizar a lectura do conto en secuencias de imaxes e textos (ESTRUCTURA COOPERATIVA)
- Aprendimos un baile con percusión corporal. Usamos esta música
- Lectura e grabación do conto no programa de radio
- Xogos de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas
- Creación dun mural colectivo con música tratando de desenvolver a creatividade coa expresión libre da nosa imaxinación.
- Xogo dos USOS DISPARATADOS: Tratamos de imaxinar usos distintos dos habituais para obxectos da vida cotiá
Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.
En segundo traballamos con dous contos, UNO de Ester Merchán e INFINITO, de Mariona Cabassa. Con estes contos puidemos reflexionar sobre aspectos filosóficos da existencia humana así como afondar nas relacións entre todo o existente no planeta.
UNO é unha viaxe en perspectiva dende os microrganismos hasta o cosmos. A través das imaxes podemos darnos conta das interrelacións que existen entre todo e como ademais de seres individuais formamos parte dun TODO que ten mais sentido, UNO.INFINITO, é unha obra artística preciosa. As súas ilustracións e as frases que acompañan son inspiradoras e permiten unha reflexión profunda sobre os procesos cíclicos e vitais cos que convivimos.
Ademais das lecturas fixemos outras actividades como:
- CÍRCULOS : para aprender a escoitar e mellorar o coñecemento de nós mesmos e os outros
- XOGO DAS PALABRAS. creamos frases con palabras significativas do conto.
- Relacionar textos e imaxes dos contos
- Aprendimos un baile con percusion corporal. Usamos esta música
- Lectura e grabacion do conto no programa de radio
- Xogo de comprensión como A CAIXA MISTERIOSA: para observar como nos sentimos cando non coñecemos as respostas
- Xogo de PATO-COELLO para comprender que algo pode ser mais dunha cousa
- Xogo da OLA onde os nosos movementos prolónganse a través dos corpos dos compañeiros nunha enerxía en movemento que nos une a todos
- XOGO "E a vida é boa" pensamos en algo que nos sucedera fai pouco e que non fora agradable. O explicamos e despois engadimos ...pero a vida é boa. Dándonos conta de que incluso cando nos suceden cousas desagradables seguimos gozando tamén de moitas cousas boas nas nosas vidas.
- Creación de MANDALAS por equipos
- Xogo BOS DESEXOS PARA O MUNDO. Deixamos un buzón na entrada da escola para que calquera persoa puidera deixar mensaxes con bos desexos para o mundo. Logo abrimos o buzón, limos e compartimos todas as mensaxes nun mural colectivo.
- XOGO das 15 PREGUNTAS, por equipos tratamos de dar resposta a preguntas sobre as que reflexionamos durante todos os xogos e activiaddes realizadas no ámbito.
Mira todas as imaxes da experiencia neste vídeo.
O traballo realizado con estes contos, non so nos nutre de novas ideas e coñecementos senón que tamén nos alimenta o alma e nos valida como persoas responsables do coidado dun planeta para todos.




