Neste último trimestre traballamos no ámbito do CLUB DE LETRAS unha tarefa moi especial para prepararnos para o I CONGRESO EDUCATIVO na nosa escola
Dende o noso ámbito afondamos en tres ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible)
E para comprender a importancia de colaborar neste propósito visualizamos este vídeo que explica cada un dos 17 ODS que os líderes mundiales plántéxanse conseguir antes do ano 2030
Dende o ámbito CLUB DE LETRAS visibilizamos a figura da MULLER NO ESPACIO investigando a catro mulleres que desenvolveron unha labor especial no espacio ou na nosa terra. As mulleres elexidas foron:
- DIANA TRUJILLO: jefa do proxecto Perserverance que enviou unha nave a Marte para recoller datos. Diana foi unha muller que tivo que superar moitas dificultades para poder chegar a ese lugar. Demostrou que con confianza nunha mesma e moito esforzo e perseverancia podes conseguir o que che propoñas.
- MAE JEMISON: Foi a primeira muller afroamerica en viaxar ao espacio. Ademais de inxenieira espacial, Mae tamén foi médica e adicou a sua vida a axudar aos outros. Unha muller valente, curiosa e moi intelixente. Viaxou ao espacio para facer estudios e experimentos sobre os efectos da NON gravidade nos corpos humans.
- HIPATIA: Curiosa dende pequena coas matemáticas, as ciencias e a filosofía. Encantáballe ler e explicar as súas ideas aos outros. Viviu en Alejandría, antiga cidade de Exipto, e ainda que todos os seus escritos foron queimados nun incendio, os seus alumnos/as seguiron falando durante moitos anos dos seus descubrimentos.
- JANE GOODALL: Dende pequena regalaronlle un moneco de chimpancé e quiso saber mais sobre eles. Cando puido viaxou a Tanzania (África) e quedouse alí vivindo cos monos, observando o seu comportamento e facendose amiga deles. É unha das mulleres que mais fixo para o coidado das especies en extinción do noso planeta.
Os nenos e nenas primeiron investigaron sobre estas mulleres vendo vídeos, lendo libros e facendo reflexións sobre os seus descubrementos. Recopilaron a información nun mapa mental e visualizaron imaxes da personaxe.
Despois de investigar, fixemos un programa de radio en formato entrevista onde os nenos e nenas nos contan todo o que aprenderon. Podes escoitar todos os programas de radio de Athenea en esta ligazon.
Sendo conscientes do valioso que é recibir unha educación de calidade, os nosos nenos e nenas, crearon un XOGO EDUCATIVO basado no espacio e mulleres relavantes. Os nenos e nenas de segundo de primaria crearon unha ruleta de palabras relacionadas co espacio. Buscando palabras con todas as letras do alfabeto e escribindo a súa definición. Os nenos e nenas de primeiro debuxaron a mulleres relevantes e crearon un memory e un quen e quen.
Presentaremos todos estes xogos no I CONGRESO EDUCATIVO para gozar e explicar aos convidados como os fixemos.
Para rematar, o ultimo día fixemos carteis publicitarios das mulleres traballadas. Reflexionamos conxuntamente e traballamos en equipo para facer un cartel informativo e visualmente interesante para chamar a atención.
Durante os catro días de ámbitos tamén creamos coreografías en movemento imaxinando que somos elementos do universo. Visualizamos cortometraxes relacionadas co espacio e xuntámonos en círculos que axudaron a seguir formando bases de calidade para o traballo de equipo.
Mira todas as imaxes nos seguintes vídeos


