miércoles, 4 de marzo de 2020

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO

Para rematar esta tarefa e co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 5º e 6º de primaria do Club de Letras, traballou co libro "Cuando las niñas vuelan alto", no que se fai especial fincapé nas trabas, que as veces atopan no seu camiño as nenas, e que non lle deixan despregar as súas ás.
Ao igual que as semanas anteriores, cada equipo realizou un "book trailer" sobre esta historia e gravou o audioconto para que todos o poidan escoitar e gozar na nosa biblioteca. 
Aquí vos deixamos o seu traballo para que poidades ver que ben o fixeron.