miércoles, 25 de junio de 2025

DONAS DE SÍ: "COÑECENDO HISTORIAS DE VIDA"




Durante este curso escolar 24-25 levamos a cabo dúas tarefas enmarcadas dentro do Plan Proxecta “Donas de Sí “que levan por título: 

“Coñecendo historias de vida” 
“Contos biográficos: creando con sombras” 

A tarefa “Coñecendo historias de vida”, levouse a cabo durante o primeiro trimestre (outubro-decembro), e o obxectivo da mesma foi familiarizarse con diferentes termos e conceptos relacionados ca igualdade de xénero. Para isto, traballamos con tres textos diferentes: 
- Igualdade de xénero onde coñecemos datos importantes que mostran que a día de hoxe existe desigualdade de xénero. 
- Feminismo, onde coñecemos as distintas ondas do feminismo e algunhas das mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero como Olympe de Gouge, Mary Wollstonecraft, Clara Campoamor, Simone de Beauvoir, entre outras.
 - Barreiras ante a igualdade de xénero onde profundizamos en termos como roles de xénero, e coñecemos diferentes atrancamentos que dificultan a igualdade de xénero como violencia vicaria, dependencia económica, teito de cristal...e outras moitas barreiras que dificultan alcanzar a igualdade de xénero. 
Partindo de este último texto, propuxémonos acercarnos ao noso entorno máis próximo e coñecer as barreiras que tiveron as nosas avoas e bisavoas para poder desenvolverse a nivel persoal e profesional. Para iso, elaboramos unhas preguntas e visitamos a residencia de persoas maiores San Telmo. Alí entrevistamos a 14 mulleres que nos deron datos moi concretos das desigualdades que viviron na súa vida en diferentes eidos. Por último, analizamos toda esa información recabada nas entrevistas e gravamos un podcast cos datos máis relevates da súa vida e con algunha reflexión moi interesante.

 A tarefa “ Contos biográficos. Creando con sombras” levouse a cabo durante o segundo trimestre. O obxectivo desta tarefa foi coñecer a historia de vida de diferentes mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero. Despois de coñecer algúns datos relevantes da súa vida, propuxémonos facer contos biográficos das seguintes mulleres:

 -Maruja Mallo
 - María Josefa Wonenburger
 - Isabel Zendal 
- Concepción Arenal. 

 Despois de ter investigado sobre a súa vida, pasamos á parte creativa. Debuxamos as distintas escenas dos contos e elaboramos unhas secuencias en debuxos, creando así películas sobre a biografía destas mulleres, que as proxectamos durante o terceiro trimestre e no Congreso Educ ODS.