Con esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre realidades e problemas da nosa sociedade e despois pensar posibles accións para mellorar o mundo.
Levamos isto a cabo mediante o produto final desta tarefa: a creación dun pequeno podcast para radio mentres traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 7 e 9.
Así damos a coñecer os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible á comunidade educativa para facela partícipe. Neste caso, as temáticas son a enerxía e innovación dende a vertente de responsabilidade, ecoloxía e xustiza social, coa finalidade de invitamos a reflexionar e modificar o pensamento e, por conseguinte, levando a cabo actuacións que favorezan os obxectivos propostos.
A continuación aparecen as actividades deseñadas para desenvolver esta tarefa.
1. PRESENTACIÓN
Usamos a técnica “folio xiratorio” para contextualizar a temática da tarefa. Dividímola en varios exercicios:
a) Proxección do vídeo “Descuberta do lume”.
b) Lectura grupal do libro “Y se hizo la luz”.
c) “Folio xiratorio”: escribir o diario enerxético.
2. OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN
Usamos as técnicas de “lectura compartida”, “1-2-4” e “vexo-penso-pregúntome” para recoller información sobre o tema a tratar. Dividímola en varios exercicios:
a) “Lectura compartida” sobre a historia das fontes de enerxía.
b) “1-2-4”: Que fontes de enerxía desenvolve o ser humano nese momento e por que?
c) “Vexo-penso-pregúntome”: gráfico consumo fontes de enerxía no mundo.
3. ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN
Usamos a técnica de “bubble map” para crear unha árbore sintetizando as ideas forza. Dividímola en varios exercicios:
a) Recoller e organizar información específica.
b) Usar un lector QR.
c) Reflexionar en grupo para sacar ideas xerais.
d) Completar “bubble map” para obter ideas.
4. REVISIÓN E EXPRESIÓN
Lembramos e comunicar o traballado ata o momento. Dividímola en varios exercicios:
a) Poñemos en común o investigado ata o momento.
5. REDACCIÓN DAS LOCUCIÓNS
Usamos a técnica “lapis ao centro” para redactar as locucións, a cabeceira e a despedida. Dividímola en varios exercicios:
a) Explicar a técnica dos lapis ao centro.
b) Cada grupo redacta un resumo da información que organizou para gravalo en audio posteriormente. Un grupo prepara a presentación do podcast e outro a despedida.
c) Facemos a corrección final en gran grupo. Cada un dos grupos lee a súa redacción final e os demais, por quendas fan aportacións.
6. CREACIÓN DA ESCALETA
Creamos a escaleta do programa cos textos, tempo e música. Dividímola en varios exercicios:
a) Cada grupo apunta nunha escaleta os elementos que irán aparecendo pola súa parte e o tempo que ocupan.
7. GRAVACIÓN DE AUDIO
Cada grupo grava os audios dos textos que lles corresponden. Dividímola en varios exercicios:
a) Cada persoa practica a súa locución na casa que leva da sesión anterior.
b) Cada grupo pasa pola zona de gravación de audio para gravar as súas voces.
c) Realizamos a montaxe final con todos os audios e música de fondo.
8. CREACIÓN DUN MURAL
Mentres un grupo grava o seu audio, os outros tres confeccionan un mural coa información traballada. Dividímola en varios exercicios:
a) Mentres cada grupo vai gravando, os outros plasman de forma plástica a información traballada.
9. AVALIACIÓN
Avaliamos tanto o proceso coma o resultado final. Dividímola en varios exercicios:
a) Avaliamos no caderno de equipo os compromisos persoais e os cargos.
b) Reflexionamos en gran grupo sobre as dificultades e os aspectos a mellorar.
c) Avaliamos no caderno de equipo o proceso da tarefa.
d) Cada participante cubre unha autoavaliación sobre a súa participación durante a tarefa.
10. ESCOITA E DIFUSIÓN
Escoitamos o resultado do noso traballo e dámolo a coñecer aos demais. Dividímola en varios exercicios:
a) Escoitamos o resultado final do programa.
b) Colgamos o arquivo nas plataforma web de podcast e creamos un código QR.
c) Enviamos o acceso ao resto do colexio e ás familias para que poidan escoitalo.











