Con esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre problemas reais da nosa sociedade e despois pensar posibles puntos de mellora a través de ideas forza ou “slogans” para mellorar o mundo.
Levamos isto a cabo mediante o produto final desta tarefa: a creación dun pequeno podcast para radio mentres traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 e 10.
Así damos a coñecer os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible á comunidade educativa para facela partícipe. Neste caso, as temáticas son a igualdade de xénero e a redución das desigualdades coa finalidade de invitar a reflexionar e modificar o pensamento e, por conseguinte, levando a cabo actuacións que favorezan os obxectivos propostos.
A continuación aparecen as actividades deseñadas para desenvolver esta tarefa.
1. PRESENTACIÓN
Usamos a técnica “vexo-penso-pregúntome” para contextualizar a temática da tarefa. Dividímola en varios exercicios:
a) Escoita activa do conto: “Las mujeres y los hombres”.
b) “Vexo-penso-pregúntome” sobre o conto.
c) Reflexionar sobre a importancia da socialización para concluír que homes e mulleres somos iguais.
2. OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN
Usamos a técnica de “lectura compartida” para recoller información sobre o tema a tratar. Dividímola en varios exercicios:
a) Lectura compartida de 4 conceptos: sexo, xénero, estereotipos e igualdade.
3. ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN
Usamos a técnica de “bubble map” para crear unha árbore sintetizando as ideas forza. Dividímola en varios exercicios:
a) Ler titulares. Usar un lector QR.
b) Reflexionar en gran grupo para sacar ideas xerais.
c) Completar bubble maps para obter 14 ideas diferenciadas que darán lugar aos 14 “tips”.
4. REVISIÓN E EXPRESIÓN
Usamos a técnica “cor-símbolo-imaxe” para lembrar e comunicar o traballado ata o momento. Dividímola en varios exercicios:
a) Cor-símbolo-imaxe do contido traballado.
5. REDACCIÓN DAS LOCUCIÓNS
Usamos a técnica “lapis ao centro” para redactar os “tips”, a cabeceira e a despedida. Dividímola en varios exercicios:
a) Explicar a técnica dos lapis ao centro.
b) Dous grupos redactan 4 “tips”, outro grupo 3 “tips” máis a cabeceira, e o cuarto grupo outros 3 “tips” máis a despedida.
c) Facemos a corrección final en gran grupo. Cada un dos grupos lee a súa redacción final e os demais, por quendas fan aportacións.
6. CREACIÓN DA ESCALETA
Creamos a escaleta do programa cos textos, tempo e música. Dividímola en varios exercicios:
a) Cada grupo apunta nunha escaleta os elementos que irán aparecendo pola súa parte e o tempo que ocupan.
7. GRAVACIÓN DE AUDIO
Cada grupo grava os audios dos textos que lles corresponden. Dividímola en varios exercicios:
a) Cada persoa practica a súa locución na casa que leva da sesión anterior.
b) Mostramos un exemplo de gravación dun audio feito polos mestres.
c) Cada grupo pasa pola zona de gravación de audio para gravar as súas voces.
d) Realizamos a montaxe final con todos os audios e música de fondo.
8. CREACIÓN DUN MURAL
Mentres un grupo grava o seu audio, os outros tres confeccionan un mural cos “tips” redactados. Dividímola en varios exercicios:
a) Mentres cada grupo vai gravando, os outros plasman de forma plástica os tips feitos.
9. AVALIACIÓN
Avaliamos tanto o proceso coma o resultado final. Dividímola en varios exercicios:
a) Avaliamos no caderno de equipo os compromisos persoais e os cargos.
b) Reflexionamos en gran grupo sobre as dificultades e os aspectos a mellorar.
c) Avaliamos no caderno de equipo o proceso da tarefa.
d) Cada participante cubre unha autoavaliación sobre a súa participación durante a tarefa.
10. ESCOITA E DIFUSIÓN
Escoitamos o resultado do noso traballo e dámolo a coñecer ao demais. Dividímola en varios exercicios:
a) Escoitamos o resultado final do programa.
b) Colgamos o arquivo nas plataforma web de podcast e creamos un código QR.
c) Enviamos o acceso ao resto do colexio e ás familias para que poidan escoitalo.







