jueves, 3 de junio de 2021

ON AIR 12

 Aquí vos deixamos o 12º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


TAREFA 3. MULLERES ESPACIAIS

Neste último trimestre traballamos no ámbito do CLUB DE LETRAS unha tarefa moi especial para prepararnos para o I CONGRESO EDUCATIVO na nosa escola

Dende o noso ámbito afondamos en tres ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible)

E para comprender a importancia de colaborar neste propósito visualizamos este vídeo que explica cada un dos 17 ODS  que os líderes mundiales plántéxanse conseguir antes do ano 2030 


 

Dende o ámbito CLUB DE LETRAS visibilizamos a figura da MULLER NO ESPACIO investigando a catro mulleres que desenvolveron unha labor especial no espacio ou na nosa terra. As mulleres elexidas foron: 

  1. DIANA TRUJILLO: jefa do proxecto Perserverance que enviou unha nave a Marte para recoller datos. Diana foi unha muller que tivo que superar moitas dificultades para poder chegar a ese lugar. Demostrou que con confianza nunha mesma e moito esforzo e perseverancia podes conseguir o que che propoñas.
  2. MAE JEMISON: Foi a primeira muller afroamerica en viaxar ao espacio. Ademais de inxenieira espacial, Mae tamén foi médica e adicou a sua vida a axudar aos outros. Unha muller valente, curiosa e moi intelixente. Viaxou ao espacio para facer estudios e experimentos sobre os efectos da NON gravidade nos corpos humans.
  3. HIPATIA: Curiosa dende pequena coas matemáticas, as ciencias e a filosofía. Encantáballe ler e explicar as súas ideas aos outros. Viviu en Alejandría, antiga cidade de Exipto, e ainda que todos os seus escritos foron queimados nun incendio, os seus alumnos/as seguiron falando durante moitos anos dos seus descubrimentos.
  4. JANE GOODALL: Dende pequena regalaronlle un moneco de chimpancé e quiso saber mais sobre eles. Cando puido viaxou a Tanzania (África) e quedouse alí vivindo cos monos, observando o seu comportamento e facendose amiga deles. É unha das mulleres que mais fixo para o coidado das especies en extinción do noso planeta.

Os nenos e nenas primeiron investigaron sobre estas mulleres vendo vídeos, lendo libros e facendo reflexións sobre os seus descubrementos. Recopilaron a información nun mapa mental e visualizaron imaxes da personaxe. 

Despois de investigar, fixemos un programa de radio en formato entrevista onde os nenos e nenas nos contan todo o que aprenderon. Podes escoitar todos os programas de radio de Athenea en esta ligazon

 

Sendo conscientes do valioso que é recibir unha educación de calidade, os nosos nenos e nenas, crearon un XOGO EDUCATIVO basado no espacio e mulleres relavantes. Os nenos e nenas de segundo de primaria crearon unha ruleta de palabras relacionadas co espacio. Buscando palabras con todas as letras do alfabeto e escribindo a súa definición. Os nenos e nenas de primeiro debuxaron a mulleres relevantes e crearon un memory e un quen e quen.

Presentaremos todos estes xogos no I CONGRESO EDUCATIVO para gozar e explicar aos convidados como os fixemos.


Para rematar, o ultimo día fixemos carteis publicitarios das mulleres traballadas. Reflexionamos conxuntamente e traballamos en equipo para facer un cartel informativo e visualmente interesante para chamar a atención.

Durante os catro días de ámbitos tamén creamos coreografías en movemento imaxinando que somos elementos do universo. Visualizamos cortometraxes relacionadas co espacio e xuntámonos en círculos que axudaron a seguir formando bases de calidade para o traballo de equipo.

Mira todas as imaxes nos seguintes vídeos

Primeiro de primaria 
 
 
Segundo de primaria

sábado, 22 de mayo de 2021

ON AIR 11

 Aquí vos deixamos o 11º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


jueves, 6 de mayo de 2021

ON AIR 10

 Aquí vos deixamos o 10º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!

Macedonia de contos dos nenos e nenas de infantil.

 Este curso, os nenos e nenas de infantil crearon os seguintes audiocontos todos en torno á lúa, xa que estiveron investigando sobre ela, facendo experimentos para ver como se moven a lúa e o sol, descubrindo as diferentes fases, e ata creando area lunar!!! Mirade que contos tan chulos!: 

O grupo de 3 anos converteu o conto de Lúa da editorial Kalandraka, nunha canción preciosa!




O grupo de 4 anos gravou o gran éxito de "A que sabe a lúa", da editorial Kalandraka.




5 anos descubriu "O rato Paco" da editorial Kalandraka




jueves, 22 de abril de 2021

ON AIR 9

Aquí vos deixamos o 9º Programa da Voz de Atenea desta tempada!

Esperamos que o disfrutedes tanto como o fixemos nós facéndoo!

Vémonos!


lunes, 19 de abril de 2021

Campaña de recollida de alimentos.

 Na tarefa de ámbitos do terceiro trimestre, todos os ámbitos (STEAM, Creavisual, Club de Letras e Natura e Social) traballaremos os 17 ODS repartidos entre os ámbitos.

No Club de Letras coñeceremos e investigaremos sobre:

ODS 1. Fin da pobreza.

ODS 2. Fame Cero.

ODS 3. Saúde e benestar.

ODS 4. Educación de calidade.

ODS 5. Igualdade de xénero.

ODS 10. Reducción das desigualdades.


En infantil, profundizaremos sobre Fame Cero e Saúde e Benestar e para iso, entre outras actividades, levaremos a cabo unha recollida de alimentos con cada grupo que durará 15 días.


Podedes escoitar o anuncio da recollida de alimentos premendo no enlace: https://go.ivoox.com/rf/68793504

Cada día imos contando os productos que temos, e cando rematemos poñerémonos en contacto con SOS Tomiño para que veñan a recoller a comida.



Nesta tarefa tamén traballaremos cos libros da biblioteca para coñecer mellor sobre o ODS Saúde e Benestar. Coñeceremos a pirámide alimenticia, investigaremos sobre as viaxes que fan os produtos frescos ata chegar ao supermercado, entre outras actividades.

Estes son algúns dos libros cos que traballaremos este ODS.