Durante o primeiro trimestre en infantil, estivemos investigando sobre os ODS 1 e 2, e decidimos organizar unha recollida de alimentos colaborando con SOS Tomiño, e tamén recollimos productos navideños para Aldeas Infantís.
Conseguimos moitos alimentos ao longo das semanas. Os nenos e nenas fixeron os carteis publicitando a recollida e tamén anuncios de radio.
Cada grupo
coñece diferentes realidades sociais a partir de contos.
GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
Despois de
coñecer a historia seguimos os pasos do
“ Design Thinking ” : empatizar, definir, idear, prototipar e testear.
Empatizar co protagonista de cada historia ,
definir os problemas do protagonista, idear un invento partindo das necesidades
que xurden asociadas ao problema,
prototipar e testear o invento.
Con
esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre problemas reais
da nosa sociedade e despois pensar posibles solucións ou melloras creando
inventos para mellorar o mundo. Construíndo inventos para un mundo mellor trabállanse
os ODS 10 e 13.
Ao
longo desta tarefa, coñecimos qué require unha cidade para ser considerada
sostible por medio do xogo con minimundos, visualizando vídeos, xogando na tablet, aprendiendo sobre os contos da biblio...
Vimos o que estamos facendo no cole para promover a sostibilidade, recorrendo e observando as aulas e o patio do cole. Analizamos o compost do noso composteiro e coñecimos o vermicomposteiro da man das nenas e nenos de primeiro. Xogamos ca reciclaxe e fixemos creacións artísticas con lixo.
Despois trasladamos o aprendido a Tui, observando e facendo crítica do que se podería
mellorar e levamos as nosas propostas o concello.
Ao longo
desta tarefa aprendimos moito sobre a auga. Tivemos unha experiencia sensorial con ela, coñecimos o seu ciclo, experimentamos para observar cómo levar a cabo un
consumo responsable da mesma e así crear aprendizaxes significativos para a vida.
Doutra quenda, recoñecimos o valor emocionante
da música, e a través dela transmitimos todo o aprendido sobre a auga, creando a nosa propia canción, música de auga que formará parte do programa de radio Athenea do noso cole.
Todas as producións sonoras deste curso 2022-2023 no CEIP Número 1 foron creadas ao abeiro do Ámbito do Club de Letras, onde o alumnado, dende 4º de Educación Infantil a 6º de Educación Primaria, realizou un programa de radio chamado A voz de Athenea. Os programas pódense atopar no Ivoox da escola. Tamén realizáronse episodios especiais como por exemplo na semana das letras galegas ou no entroido dende as aulas. Ademais destes programas realizouse unha colaboración activa ca Radio Municipal de Tui propoñendo recomendacións lectoras dende a clase de 5º de E.P. xunto con outras escolas da contorna.
Para contextualizar este proceso de creación, debemos realizar unha breve explicación do Club de Letras. O noso centro traballa por ámbitos de aprendizaxe, son catro: STEAM, Social e Natural, CreaVisual e Club de Letras. Neste último é onde nenas e nenos crean un programa de radio que lles axuda na expresión oral e escrita en lingua galega e que supón o produto final da tarefa desenvolvida no Club de Letras. Os programas de radio pódense escoitar na nosa canle de ivoox.
Este trimestre as nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria do CEIP Nº1 de Tui no Ámbito do Club de letras fixemos un proxecto titulado “Na máquina do tempo”. No cole os martes e os xoves traballamos por ámbitos: son momentos nos que nos xuntamos con outros cursos para facer proxectos moi interesantes. Os nosos ámbitos son: Steam, Natural e Social, Creavisual e o Club de Letras no que está este proxecto no que viaxamos no tempo coa profe Antía. Co proxecto “Na máquina do tempo” queriamos coñecer o pasado para entender o presente.
"Queriamos coñecer o pasado, para entender o presente"
Para iso o primeiro que fixemos foi aprender a facer entrevistas, practicamos con varias actividades. Despois eliximos os temas que queriamos investigar: xoguetes, lecer, oficios, alimentación… e preparamos a entrevista. Cada grupo realizou unha entrevista a tres persoas de diferentes idades. Ao acabar comparamos e contrastamos a información para aprender de todo o que nos contaban. Con esta información creamos unha noticia para o xornal e un Podcast na nosa radio. Este proxecto serviunos para aprender sobre os cambios dos últimos anos, coñecer a persoas moi interesantes e coñecer a historia da man dos seus protagonistas. Démonos conta de como cambian as cousas entre xeracións e para valorar o que temos. Foi unha boa experiencia diferente do que fixeramos ata o de agora.
Esta tarefa consiste en investigar sobre
mulleres pioneiras galegas para propoñer ao concello rúas e/ou espazos públicos
con nomes de muller e elaborar a sección “Que está pasando?” do programa de radio
quincenal "A voz de Athenea”, para compartircoa Comunidade Educativa.
Con esta tarefa
levamos ao alumnado a reflexionar sobre a importancia de formar parte de plans
de acción reais na nosa localidade,que neste casocontribuen especialmente, ao desenvolvementos
dos ODS 5 e 10.
Investigamos sobre mulleres pioneiras galegas para colaborar co concello na iniciativa de
buscar propostas sobre mulleres importantes da historia, economía, movementos
socias, ciencia , cultura… para que exista máis presenza de mulleres nas rúas e espazos públicos de Tui e crear a
sección dun programa de radio con outros cursos favorece
a competencia en comunicación lingüística, dixital, cidadá,
persoal,social e de aprender a aprender, así como a competencia emprendedora e
a creatividade.
Estes son os pasos que se segueron para o seu desenvolvemento: