lunes, 27 de junio de 2022

Go healthy

 Durante o segundo trimestre continuamos a traballar os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible), neste caso profundizamos sobre o ODS 3 "Saúde e benestar" co obxectivo de dar a coñecer ó noso alumnado os nutrientes que están presentes nos alimentos que consumimos. 

Comezamos por coñecer os nutrientes dos alimentos empregando un recurso como os "recordable pegs" para o que era necesario realizar unha escoita activa. 




Cando os nenos pulsaban nas pinzas, estas contaban as propiedades de cada nutriente e completaban a información. Encantoulles averiguar como facer que as pinzas falaran. 

Posteriormente, traballando en equipo porque "Xuntos somos máis fortes" recabamos información sobre os distintos nutrientes e como se organizaban, aprendendo sobre dous tipos de organización: a pirámide de alimentos e o prato de Harvard. 

Organizamos os alimentos seguindo a pirámide alimentaria

 

Organizamos os alimentos seguindo o Prato de Harvard

         

 Posteriormente aprendimos máis sobre alimentos da man da nosa experta en cociña e encargada de comedor Isa, foi moi interesante.  




Finalmente, decidimos facer unha merenda saudable e puxémonos mans a obra. Cada grupo fixo receitas diferentes, pero todos e todas fixemos batidos que resultaron moi refrescantes. 
     
     
     
     

Todo isto serviunos tamén para achegarnos a libros sobre alimentación, que vos recomendamos moito, como os seguintes: 



Podedes coñecer máis sobre esta tarefa na web do cole, na sección de ámbitos.


lunes, 13 de junio de 2022

INFANTIL: TAREFAS CURSO 2021-2022

Durante este ano académico en infantil estivemos xogando entre libros, experimentos, robótica... Fixemos dúas tarefas que están recollidas aquí:

A primeira, "A roda cromática", na que xogamos con cores e aprendimos sobre elas a través, sobre todo, da experimentación. Se pinchas aquí podes acceder ao documento da tarefa









Na segunda tocounos facer as "Reading recomendations", e escollimos diferentes contos para afondar no eido emocional do alumnado, traballando valores transversaias á escola. Se pinchas aquí podes acceder ao documento da tarefa:



Durante o tempo que se traballaron estas tarefas nas 3 aulas, contribuimos ao desenvolvemento dos ODS:












lunes, 6 de junio de 2022

PROGRAMAS DE RADIO DE A VOZ DE ATHENEA



Durante este curso continuamos co noso programa de radio: A Voz de Athenea que se realiza durante o traballo no ámbito do Club de Letras.

Podedes atopar todos os programas de radio deste curso nos seguinte enlaces a Ivoox:

PROGRAMA 1:

https://go.ivoox.com/rf/77881742

PROGRAMA 2:

https://go.ivoox.com/rf/78524324

PROGRAMA 3:

https://go.ivoox.com/rf/80083647

PROGRAMA 4:

https://go.ivoox.com/rf/80084608

PROGRAMA 5:

https://go.ivoox.com/rf/83351030

PROGRAMA 6:

https://go.ivoox.com/rf/85312837

PROGRAMA 7:

https://go.ivoox.com/rf/87939933



REVISTA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CLUB DE LETRAS


 


Aquí tedes o primeiro exemplar da revista do Club de Letras onde podedes ver todo o que traballamos no ámbito nese trimestre.

Preme no enlace para acceder a ela:


https://issuu.com/marta3891/docs/magazine_primer_trimestre_ddc4930285ca37 

lunes, 1 de noviembre de 2021

TAREFA 1 CURSO 21-22 "READING RECOMENDATIONS" BY SEGUNDO PRIMARIA

 

Nesta tarefa os nen@s de segundo crearon a sección de recomendacións lectoras do programa de radio quincenal "A voz de Athenea””, para compartir  coa Comunidade Educativa e colaborar coa revista trimestral que leva por título o lema deste curso “Pensa globalmente, actúa localmente. Xuntos somos máis fortes” As recomendacións lectoras son sobre os seguintes libros “ Animales en peligro”  e “Rescate Animal” .


                                                                                       
      

 

Estes son os pasos que seguimos para realizar a tarefa:






domingo, 6 de junio de 2021

Coñecemos en infantil personaxes importantes para o espazo.

 Na segunda tarefa de ámbitos en infantil traballamos con libros da biblioteca para coñecer personaxes importantes para o espazo. Comezamos en 5 anos B coñecendo a unha nena que con tan so 19 anos, xa fixo cousas moi importantes para o noso planeta, ela é Greta Thunberg. Coñecemos este libro: 



E investigamos sobre ela. Esta tarefa foi feita con algúns nenos e nenas dende a casa, e a mamá dun neno que estaba confinado, fixo aos nenos e nenas unha entrevista onde ía preguntando cousas sobre Greta. Este foi o resultado:

Cos nenos e nenas de 3 anos coñecemos este libro: 
E despois de aprender moitas cousas sobre como é unha viaxe espacial tamén a través deste vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=OApoWUDfkvw&list=PL1L5D_Efcy6nXeSrldW644gApY7dCLFyG
gravaron o audio:


En 4 anos coñecemos animais que fixeron viaxes espaciais, e lemos a súa historia neste libro:



En 5 anos B coñeceron a xove Alyssa Carson e gravaron o audio da súa historia: