jueves, 25 de junio de 2026

Xordania no 1º ciclo

 



Ao longo deste curso desenvolveuse un proxecto anual dentro do clube de letras centrado na cultura de Xordania, co obxectivo de achegar ao alumnado a realidades culturais diferentes á súa. A través de actividades sensoriais, artísticas, lingüísticas e cooperativas, os nenos e nenas exploraron lugares emblemáticos, vestimentas tradicionais, gastronomía típica e mesmo unha primeira aproximación á escritura árabe. O proxecto buscou fomentar a curiosidade, o respecto pola diversidade e a comprensión de que o mundo é amplo e plural.

Viaxando arredor do mundo


Este curso 2025/2026, no ámbito Club de letras, desenvolvemos unha proposta centrada no coñecemento e valoración da diversidade cultural, achegando ao alumnado a diferentes formas de vivir, sentir e entender o mundo desde unha perspectiva aberta, respectuosa e enriquecedora.

Ao longo do curso, realizamos unha viaxe por distintos países e culturas, descubrindo elementos característicos de lugares como Marrocos, Xapón, México ou Italia. A través desta exploración, o alumnado puido coñecer aspectos relacionados coa alimentación, a vestimenta, as tradicións, as celebracións e os costumes propios de cada cultura, identificando semellanzas e diferenzas coa súa realidade máis próxima.

Tamén nos achegamos a algúns dos monumentos máis representativos do mundo, explorando a súa historia, localización e importancia cultural. Esta aproximación permitiu ampliar a visión do alumnado sobre a riqueza e diversidade do patrimonio mundial, espertando a súa curiosidade por outros lugares e formas de vida.

Como parte deste percorrido, coñecemos a obra do fotógrafo Gabrielle Galimberti, cuxos proxectos nos serviron para reflexionar sobre a diversidade das familias, os costumes e as formas de vida arredor do planeta. As súas imaxes convertéronse nun valioso recurso para promover o diálogo, a observación e o respecto cara ás distintas realidades culturais.

As actividades desenvolvéronse de maneira activa e participativa mediante propostas de investigación, observación de imaxes, xogos, expresión artística, conversas en grupo e experiencias de descubrimento adaptadas á idade do alumnado. A través destas dinámicas, as nenas e os nenos foron construíndo unha visión máis ampla do mundo, aprendendo a valorar a diversidade como unha riqueza que nos une e nos fai crecer.

O achegamento a diferentes culturas, monumentos e formas de vida permitiu que o alumnado ampliase os seus coñecementos sobre o mundo que o rodea, desenvolvendo actitudes de respecto, curiosidade e interese cara á diversidade cultural, entendendo que cada persoa e cada cultura teñen algo valioso que achegar.

Deixámosvos un recompilatorio do noso traballo a modo de vídeo:


domingo, 21 de junio de 2026

RACHANDO FRONTEIRAS - 2º CICLO 25/26 - 1º TRIMESTRE

 🌍 RACHANDO FRONTEIRAS 🎙️

Ao longo deste primeiro trimestre, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria embarcouse nunha apaixonante viaxe arredor do mundo a través do proxecto "Rachando fronteiras: A Diversidade Cultural".

🎯 O obxectivo principal desta tarefa foi coñecer, comprender e valorar a diversidade cultural presente tanto na nosa escola como na sociedade, descubrindo que as diferenzas nos enriquecen e fan da nosa comunidade un lugar máis inclusivo e respectuoso.





🗺️ Durante estas semanas, reflexionamos sobre que é a cultura e identificamos algúns dos seus elementos máis importantes: as linguas, as tradicións, a gastronomía, a música, as celebracións ou as formas de vida. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer diferentes culturas presentes na nosa contorna e de analizar como a diversidade forma parte do noso día a día.

🎧 Tamén visitamos a nosa Radio Athenea, onde o alumnado puido familiarizarse cos distintos espazos, co funcionamento da mesa de son e cos aspectos básicos da gravación radiofónica, preparándose para converterse en auténticos comunicadores.

🤝 Un dos momentos máis especiais do proxecto foi a visita da Asociación Diversidade Acolle, que nos permitiu escoitar en primeira persoa as experiencias vitais de varios mozos refuxiados procedentes de países como Mali ou Senegal.

💬 A través dos seus relatos coñecemos as súas viaxes, os seus soños, os retos aos que tiveron que facer fronte e os diferentes choques culturais vividos ao chegar a Galicia.

❤️ Estas experiencias axudáronnos a desenvolver a empatía, a escoita activa e o respecto cara ás distintas realidades que conviven na nosa sociedade.

🎙️ Como produto final, cada equipo elaborou e gravou un programa de radio no que compartiu as aprendizaxes adquiridas ao longo do proxecto.

📹 A continuación, deixámosvos os vídeos recompilatorios do traballo realizado polos catro grupos.Agardamos que vos gusten tanto como a nós nos gustou vivir esta experiencia!









RACHANDO FRONTEIRAS - 2º CICLO 25/26 - 2 TRIMESTRE

🎙️ RACHANDO FRONTEIRAS 🌍

Durante este segundo trimestre, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria continuou coa súa viaxe arredor do mundo a través do proxecto "Rachando Fronteiras"




🌍 Despois de descubrir no primeiro trimestre que é a cultura e coñecer as experiencias de persoas refuxiadas, nesta ocasión centrámonos nas culturas presentes na nosa propia comunidade educativa.

📚 Para comezar, afondamos no coñecemento da cultura xitana, investigando a súa historia, as súas tradicións e costumes, reflexionando sobre a importancia de valorar e respectar a diversidade cultural presente na sociedade.

🤔 A continuación, convertémonos en auténticos xornalistas. Empregando estruturas de aprendizaxe cooperativa, elaboramos de maneira conxunta as preguntas que posteriormente realizaríamos ás familias participantes.

🎤 O momento máis especial chegou coa visita á Radio Athenea, onde tivemos a oportunidade de entrevistar en directo a diferentes familias do centro pertencentes a culturas diversas.

💬 A través destas conversas puidemos coñecer aspectos relacionados coa súa infancia, a lingua, as tradicións, a gastronomía, as celebracións, os costumes ou as experiencias vividas ao chegar a Galicia.

❤️ Estas entrevistas permitíronnos descubrir que, a pesar das diferenzas culturais, compartimos moitos sentimentos, soños e ilusións, favorecendo o respecto, a empatía e a convivencia.

💻 Ademais, transcribimos as entrevistas empregando ferramentas dixitais, desenvolvendo así a nosa competencia lingüística e dixital.

🎙️ Como produto final, gravamos un novo programa de radio no que recollimos todas estas aprendizaxes e experiencias.

📹 A continuación, deixámosvos unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado ao longo deste trimestre.

Agardamos que vos guste tanto como a nós nos gustou aprender das historias, experiencias e vivencias compartidas polas nosas familias.












miércoles, 25 de junio de 2025

Donas de si: 3º e 4º

A tarefa realizada no primeiro trimestre consistiu en analizar a vida de diferentes mulleres galegas relacionadas coa arte, resumir a información principal, gravala na radio para facer o podcast e publicalo e publicitalo. As mulleres traballadas foron: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Sofía Casanova, María Casares, Pura Vázquez, Filomena Dato, Exeria, Xela Arias, Sés, Luz Pozo Garza, Lolita Díaz Baliño e Tanxugueiras.

 

O segundo trimestre fixemos un traballo similar, pero sobre mulleres galegas relacionadas con diversos campos na sociedade. As mulleres traballadas foron: Ángela Ruíz Robles, Concepción Arenal, Ángeles Alvariño, Elisa Patiño, María Vinyals, Ana Peleteiro, Manuela Barreiro Pico, Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Mª Josefa Wonenburger, Isabel Barreto, Ernestina Otero, Begoña Vila Costas e Susana Rodríguez Gacio.

 

Enlaces:

https://spotifyanchor-web.app.link/e/K69dCIPS5Nb

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo3-e2qvc08

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo2-e2rk2m5

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-da-arte_grupo1-e2s7ter

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-do-tempo_grupo4-e2uqfud

https://open.spotify.com/episode/6DmFaMRZ1OZMV8hE66EmHf

https://open.spotify.com/episode/2oNH0ruw7MxcZPHTJ0EOAy?si=olf6HktlSDq3ZzKMoNV25g

https://creators.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/Donas-do-tempo_grupo1-e32i6l2

DONAS DE SÍ: "COÑECENDO HISTORIAS DE VIDA"




Durante este curso escolar 24-25 levamos a cabo dúas tarefas enmarcadas dentro do Plan Proxecta “Donas de Sí “que levan por título: 

“Coñecendo historias de vida” 
“Contos biográficos: creando con sombras” 

A tarefa “Coñecendo historias de vida”, levouse a cabo durante o primeiro trimestre (outubro-decembro), e o obxectivo da mesma foi familiarizarse con diferentes termos e conceptos relacionados ca igualdade de xénero. Para isto, traballamos con tres textos diferentes: 
- Igualdade de xénero onde coñecemos datos importantes que mostran que a día de hoxe existe desigualdade de xénero. 
- Feminismo, onde coñecemos as distintas ondas do feminismo e algunhas das mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero como Olympe de Gouge, Mary Wollstonecraft, Clara Campoamor, Simone de Beauvoir, entre outras.
 - Barreiras ante a igualdade de xénero onde profundizamos en termos como roles de xénero, e coñecemos diferentes atrancamentos que dificultan a igualdade de xénero como violencia vicaria, dependencia económica, teito de cristal...e outras moitas barreiras que dificultan alcanzar a igualdade de xénero. 
Partindo de este último texto, propuxémonos acercarnos ao noso entorno máis próximo e coñecer as barreiras que tiveron as nosas avoas e bisavoas para poder desenvolverse a nivel persoal e profesional. Para iso, elaboramos unhas preguntas e visitamos a residencia de persoas maiores San Telmo. Alí entrevistamos a 14 mulleres que nos deron datos moi concretos das desigualdades que viviron na súa vida en diferentes eidos. Por último, analizamos toda esa información recabada nas entrevistas e gravamos un podcast cos datos máis relevates da súa vida e con algunha reflexión moi interesante.

 A tarefa “ Contos biográficos. Creando con sombras” levouse a cabo durante o segundo trimestre. O obxectivo desta tarefa foi coñecer a historia de vida de diferentes mulleres que loitaron a prol da igualdade de xénero. Despois de coñecer algúns datos relevantes da súa vida, propuxémonos facer contos biográficos das seguintes mulleres:

 -Maruja Mallo
 - María Josefa Wonenburger
 - Isabel Zendal 
- Concepción Arenal. 

 Despois de ter investigado sobre a súa vida, pasamos á parte creativa. Debuxamos as distintas escenas dos contos e elaboramos unhas secuencias en debuxos, creando así películas sobre a biografía destas mulleres, que as proxectamos durante o terceiro trimestre e no Congreso Educ ODS.

"DONAS DE SI" NOS ANANOS DE INFANTIL - 2024-2025

Este ano o ámbito "Club de Letras" englobouse dentro do Plan Proxecta "Donas de si", onde os obxectivos principais que traballamos foron visibilizar e posta en valor a participación das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega e coñecer e divulgar a labor das mulleres do contorno do alumnado. 

No primeiro trimestre realizamos unha tarefa sobre “A Radio”, onde realizamos diferentes actividades e propostas como visitar a radio do noso colexio e a Radio Municipal de Tui, convertéronse en periodistas, coñeceron os aparellos de radios, qué podemos escoitar na radio, entre outras moitas cousas. 

Para rematar a primera tarefa elaboraremos un programa de radio onde recolleremos información relevante sobre a radio, a Radio Municipal de Tui e sobre Beti Rey (locutora da RMT).

“A radio da man de Beti Rey” - Ámbito Club de letras

No segundo trimestre realizamos unha segunda tarefa titulada “As profesións”, nesta tarefa ademais de coñecer as profesións en xeral mergullámonos en catro profesións de mamás do noso cole.

Nesta tarefa coñecimos as profesións a través de xogos e estacións de aprendizaxe con minimundos, xogos de mesa, adiviñas, Beebot, xogo simbólico con elementos de diferentes profesións,...

Como produto final tamén elaboraremos un programa de Radio onde recolleremos información relevante sobre as profesións, as nosas profesións do futuro e as profesións de 4 das mamás do noso colexio.

Segundo programa de Radio Club de Letras - Ananos infantil 24/25

O terceiro trimestre o adicamos a prepación do V Congreso EDUCODS, onde realizamos xogos e estacións relacionadas coas tarefas do primeiro e do segundo trimestre, nel gozamos dunha xornada de xogo e convivencia. 

miércoles, 26 de junio de 2024

Tarefa "Tips para a Igualdade" Club de Letras 3º e 4º EP 2023-24

 


Con esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre problemas reais da nosa sociedade e despois pensar posibles puntos de mellora a través de ideas forza ou “slogans” para mellorar o mundo.
Levamos isto a cabo mediante o produto final desta tarefa: a creación dun pequeno podcast para radio mentres traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 e 10.
 

 

Así damos a coñecer os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible á comunidade educativa para facela partícipe. Neste caso, as temáticas son a igualdade de xénero e a redución das desigualdades coa finalidade de invitar a reflexionar e modificar o pensamento e, por conseguinte, levando a cabo actuacións que favorezan os obxectivos propostos.

 

A continuación aparecen as actividades deseñadas para desenvolver esta tarefa.

1. PRESENTACIÓN

    Usamos a técnica “vexo-penso-pregúntome” para contextualizar a temática da tarefa. Dividímola en varios exercicios:

    a) Escoita activa do conto: “Las mujeres y los hombres”.

    b) “Vexo-penso-pregúntome” sobre o conto.

    c) Reflexionar sobre a importancia da socialización para concluír que homes e mulleres somos iguais.


2. OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN

    Usamos a técnica de “lectura compartida” para recoller información sobre o tema a tratar. Dividímola en varios exercicios:

    a) Lectura compartida de 4 conceptos: sexo, xénero, estereotipos e igualdade.


3. ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN

    Usamos a técnica de “bubble map” para crear unha árbore sintetizando as ideas forza. Dividímola en varios exercicios:

    a) Ler titulares. Usar un lector QR.

    b) Reflexionar en gran grupo para sacar ideas xerais.

    c) Completar bubble maps para obter 14 ideas diferenciadas que darán lugar aos 14 “tips”.



4. REVISIÓN E EXPRESIÓN

    Usamos a técnica “cor-símbolo-imaxe” para lembrar e comunicar o traballado ata o momento. Dividímola en varios exercicios:

    a) Cor-símbolo-imaxe do contido traballado.


5. REDACCIÓN DAS LOCUCIÓNS

    Usamos a técnica “lapis ao centro” para redactar os “tips”, a cabeceira e a despedida. Dividímola en varios exercicios:

    a) Explicar a técnica dos lapis ao centro.

    b) Dous grupos redactan 4 “tips”, outro grupo 3 “tips” máis a cabeceira, e o cuarto grupo outros 3 “tips” máis a despedida.

    c) Facemos a corrección final en gran grupo. Cada un dos grupos lee a súa redacción final e os demais, por quendas fan aportacións.

 

6. CREACIÓN DA ESCALETA

    Creamos a escaleta do programa cos textos, tempo e música. Dividímola en varios exercicios:

    a) Cada grupo apunta nunha escaleta os elementos que irán aparecendo pola súa parte e o tempo que ocupan.


7. GRAVACIÓN DE AUDIO

    Cada grupo grava os audios dos textos que lles corresponden. Dividímola en varios exercicios:

    a) Cada persoa practica a súa locución na casa que leva da sesión anterior.

    b) Mostramos un exemplo de gravación dun audio feito polos mestres.

    c) Cada grupo pasa pola zona de gravación de audio para gravar as súas voces.

    d) Realizamos a montaxe final con todos os audios e música de fondo.

8. CREACIÓN DUN MURAL

    Mentres un grupo grava o seu audio, os outros tres confeccionan un mural cos “tips” redactados. Dividímola en varios exercicios:

    a) Mentres cada grupo vai gravando, os outros plasman de forma plástica os tips feitos.



9. AVALIACIÓN

    Avaliamos tanto o proceso coma o resultado final. Dividímola en varios exercicios:

    a) Avaliamos no caderno de equipo os compromisos persoais e os cargos.

    b) Reflexionamos en gran grupo sobre as dificultades e os aspectos a mellorar.

    c) Avaliamos no caderno de equipo o proceso da tarefa.

    d) Cada participante cubre unha autoavaliación sobre a súa participación durante a tarefa.


10. ESCOITA E DIFUSIÓN

     Escoitamos o resultado do noso traballo e dámolo a coñecer ao demais. Dividímola en varios exercicios:

    a) Escoitamos o resultado final do programa.

    b) Colgamos o arquivo nas plataforma web de podcast e creamos un código QR.

    c) Enviamos o acceso ao resto do colexio e ás familias para que poidan escoitalo.





 

Tarefa "Fontes de Enerxía" Club de Letras 3º e 4º EP 2023-24


Con esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre realidades e problemas da nosa sociedade e despois pensar posibles accións para mellorar o mundo.
Levamos isto a cabo mediante o produto final desta tarefa: a creación dun pequeno podcast para radio mentres traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 7 e 9.


Así damos a coñecer os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible á comunidade educativa para facela partícipe. Neste caso, as temáticas son a enerxía e innovación dende a vertente de responsabilidade, ecoloxía e xustiza social, coa finalidade de invitamos a reflexionar e modificar o pensamento e, por conseguinte, levando a cabo actuacións que favorezan os obxectivos propostos.

 

A continuación aparecen as actividades deseñadas para desenvolver esta tarefa.

1. PRESENTACIÓN

    Usamos a técnica “folio xiratorio” para contextualizar a temática da tarefa. Dividímola en varios exercicios:

    a) Proxección do vídeo “Descuberta do lume”.

    b) Lectura grupal do libro “Y se hizo la luz”.

    c) “Folio xiratorio”: escribir o diario enerxético.


2. OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN

    Usamos as técnicas de “lectura compartida”, “1-2-4” e “vexo-penso-pregúntome” para recoller información sobre o tema a tratar. Dividímola en varios exercicios:

    a) “Lectura compartida” sobre a historia das fontes de enerxía.

    b) “1-2-4”: Que fontes de enerxía desenvolve o ser humano nese momento e por que?

    c) “Vexo-penso-pregúntome”: gráfico consumo fontes de enerxía no mundo.


3. ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN

    Usamos a técnica de “bubble map” para crear unha árbore sintetizando as ideas forza. Dividímola en varios exercicios:

    a) Recoller e organizar información específica.

    b) Usar un lector QR.

    c) Reflexionar en grupo para sacar ideas xerais.

    d) Completar “bubble map” para obter ideas.



4. REVISIÓN E EXPRESIÓN

    Lembramos e comunicar o traballado ata o momento. Dividímola en varios exercicios:

    a) Poñemos en común o investigado ata o momento.


5. REDACCIÓN DAS LOCUCIÓNS

    Usamos a técnica “lapis ao centro” para redactar as locucións, a cabeceira e a despedida. Dividímola en varios exercicios:

    a) Explicar a técnica dos lapis ao centro.

    b) Cada grupo redacta un resumo da información que organizou para gravalo en audio posteriormente. Un grupo prepara a presentación do podcast e outro a despedida.

    c) Facemos a corrección final en gran grupo. Cada un dos grupos lee a súa redacción final e os demais, por quendas fan aportacións.

 

6. CREACIÓN DA ESCALETA

    Creamos a escaleta do programa cos textos, tempo e música. Dividímola en varios exercicios:

    a) Cada grupo apunta nunha escaleta os elementos que irán aparecendo pola súa parte e o tempo que ocupan.


7. GRAVACIÓN DE AUDIO

    Cada grupo grava os audios dos textos que lles corresponden. Dividímola en varios exercicios:

    a) Cada persoa practica a súa locución na casa que leva da sesión anterior.

    b) Cada grupo pasa pola zona de gravación de audio para gravar as súas voces.

    c) Realizamos a montaxe final con todos os audios e música de fondo.


8. CREACIÓN DUN MURAL

    Mentres un grupo grava o seu audio, os outros tres confeccionan un mural coa información traballada. Dividímola en varios exercicios:

    a) Mentres cada grupo vai gravando, os outros plasman de forma plástica a información traballada.



9. AVALIACIÓN

    Avaliamos tanto o proceso coma o resultado final. Dividímola en varios exercicios:

    a) Avaliamos no caderno de equipo os compromisos persoais e os cargos.

    b) Reflexionamos en gran grupo sobre as dificultades e os aspectos a mellorar.

    c) Avaliamos no caderno de equipo o proceso da tarefa.

    d) Cada participante cubre unha autoavaliación sobre a súa participación durante a tarefa.


10. ESCOITA E DIFUSIÓN

     Escoitamos o resultado do noso traballo e dámolo a coñecer aos demais. Dividímola en varios exercicios:

    a) Escoitamos o resultado final do programa.

    b) Colgamos o arquivo nas plataforma web de podcast e creamos un código QR.

    c) Enviamos o acceso ao resto do colexio e ás familias para que poidan escoitalo.





 

Tarefa 2 de Educación Infantil.

 No segundo trimestre investigamos sobre o ODS 3. Centrámonos na importancia dunha alimentación sana e saudable, reducindo a cantidade de azucre. Observamos en diferentes imaxes a cantidade de azucre que teñen algúns alimentos; observamos a importancia de lavar ben os dentes, e cociñamos un aperitivo saudable e que lles gustou moito: hummus que mollamos con pauciños de cenoria. 

Para as nosas investigacións, utilizamos moitos dos libros da biblioteca do cole.

Aquí tedes o audio que fixeron os peques:

https://podcasters.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/ODS-3-no-Club-de-Letras-de-Infantil-e2harpo


Tarefa 1 do primeiro trimestre en Ed. Infantil

 Durante  o primeiro trimestre en infantil, estivemos investigando sobre os ODS 1 e 2, e decidimos organizar unha recollida de alimentos colaborando con SOS Tomiño, e tamén recollimos productos navideños para Aldeas Infantís. 

Conseguimos moitos alimentos ao longo das semanas. Os nenos e nenas fixeron os carteis publicitando a recollida e tamén anuncios de radio.

Aquí tedes un audio feito por eles falando sobre estes dous ODS:  https://podcasters.spotify.com/pod/show/ceipnumero1/episodes/ODS-1-e-2-por-infantil-e2jno6d


jueves, 29 de junio de 2023

TAREFA "INVENTOS PARA UN MUNDO MELLOR" (3º E 4º DE PRIMARIA)

 

Cada grupo coñece diferentes realidades sociais a partir de contos.

            GRUPO 1



GRUPO 2


                              GRUPO 3



                                                                                                                            GRUPO 4



Despois de coñecer a historia seguimos os  pasos do “ Design Thinking ” : empatizar, definir, idear, prototipar e testear.

Empatizar co protagonista de cada historia , definir os problemas do protagonista, idear un invento partindo das necesidades que xurden asociadas ao problema, prototipar e testear o invento.

Con esta tarefa levamos ao alumnado a coñecer e reflexionar sobre problemas reais da nosa sociedade e despois pensar posibles solucións ou melloras creando inventos para mellorar o mundo. Construíndo inventos para un mundo mellor trabállanse os ODS 10 e 13.




PASO A PASO DA TAREFA:




VIDEO-RESUMO.















sábado, 24 de junio de 2023

Segunda tarefa - sosTUIble - anaxs do cole (infantil e primeiro)

Ao longo desta tarefa, coñecimos qué require unha cidade para ser considerada sostible por medio do xogo con minimundos, visualizando vídeos, xogando na tablet, aprendiendo sobre os contos da biblio...

Vimos o que estamos facendo no cole para promover a sostibilidade, recorrendo e observando as aulas e o patio do cole. Analizamos o compost do noso composteiro e coñecimos o vermicomposteiro da man das nenas e nenos de primeiro. Xogamos ca reciclaxe e fixemos creacións artísticas con lixo.

Despois trasladamos o aprendido a Tui, observando e facendo crítica do que se podería mellorar e levamos as nosas propostas o concello.



Primeira tarefa "Música de auga" dos ananxs do cole (infantil e primeiro)

 

Ao longo desta tarefa aprendimos moito sobre a auga. Tivemos unha experiencia sensorial con ela, coñecimos o seu ciclo, experimentamos para observar cómo levar a cabo un consumo responsable da mesma e así crear aprendizaxes significativos para a vida.


 

Doutra quenda, recoñecimos o valor emocionante da música, e a través dela transmitimos todo o aprendido sobre a auga, creando a nosa propia canción, música de auga que formará parte do programa de radio Athenea do noso cole. 





viernes, 23 de junio de 2023

Radio Athenea

 

Radio Athenea


Todas as producións sonoras deste curso 2022-2023 no CEIP Número 1 foron creadas ao abeiro do Ámbito do Club de Letras, onde o alumnado, dende 4º de Educación Infantil a 6º de Educación Primaria, realizou un programa de radio chamado A voz de Athenea. Os programas pódense atopar no Ivoox da escola.  Tamén realizáronse episodios especiais como por exemplo na semana das letras galegas ou no entroido dende as aulas. Ademais destes programas realizouse unha colaboración activa ca Radio Municipal de Tui propoñendo recomendacións lectoras dende a clase de 5º de E.P. xunto con outras escolas da contorna.

Para contextualizar este proceso de creación, debemos realizar unha breve explicación do Club de Letras.  O noso centro traballa por ámbitos de aprendizaxe, son catro: STEAM, Social e Natural, CreaVisual  e Club  de Letras. Neste último é onde nenas e nenos crean un programa de radio que lles axuda na expresión  oral e escrita en lingua galega e que supón o produto final da tarefa desenvolvida no Club de Letras. Os programas de radio pódense escoitar na nosa canle de ivoox. 













Na máquina do tempo

                                                      Na máquina do tempo

Xaneiro-abril 2023

Este trimestre as nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria do CEIP Nº1 de Tui no Ámbito do Club de letras fixemos un proxecto titulado “Na máquina do tempo”. No cole os martes e os xoves traballamos por ámbitos: son momentos nos que nos xuntamos con outros cursos para facer proxectos moi interesantes. Os nosos ámbitos son: Steam, Natural e Social, Creavisual e o Club de Letras no que está este proxecto no que viaxamos no tempo coa profe Antía. Co proxecto “Na máquina do tempo” queriamos coñecer o pasado para entender o presente.




"Queriamos coñecer o pasado, para entender o presente"



Para iso o primeiro que fixemos foi aprender a facer entrevistas, practicamos con varias actividades. Despois eliximos os temas que queriamos investigar: xoguetes, lecer, oficios, alimentación… e preparamos a entrevista. Cada grupo realizou unha entrevista a tres persoas de diferentes idades. Ao acabar comparamos e contrastamos a información para aprender de todo o que nos contaban. Con esta información creamos unha noticia para o xornal e un Podcast na nosa radio. Este proxecto serviunos para aprender sobre os cambios dos últimos anos, coñecer a persoas moi interesantes e coñecer a historia da man dos seus protagonistas. Démonos conta de como cambian as cousas entre xeracións e para valorar o que temos. Foi unha boa experiencia diferente do que fixeramos ata o de agora.





Nenas e nenos de 5º e 6º no club de letras